Moi preto de ti, natureza, patrimonio histórico, artístico e cultural, e boa gastronomía espérante no interior da provincia da Coruña. Aquí nacen os ríos Tambre e o Mandeo e tamén nos atravesa o Ulla. Son os nosos Camiños de auga, nos que atoparás ata cinco rutas do Camiño de Santiago, verdes paisaxes, fervenzas, áreas recreativas e de baño, humedais ou un encoro. Ven darte baños de bosque, practicar deporte ou facer turismo rural. Pero, sobre todo, ven relaxarte e gozar cos cinco sentidos de todas as experiencias que ofrecemos nunha contorna segura e amigable.

Reconecta nas Terras do Ulla e do Tambre