O Ulla Tambre Mandeo conta cun total aproximado do 6,31% da súa superficie baixo a figura de protección oficial do medio Rede Natura 2000, encamiñada á conservación de hábitats e da fauna e flora silvestres máis importantes.

Dentro dos nove concellos do GDR Ulla Tambre Mandeo hai tres figuras de protección de Rede Natura, a máis extensa é a da Serra do Careón, que abrangue os concellos de Melide, Toques e Santiso. De feito, no caso concreto de Toques, esta figura de protección colle unha gran parte da súa superficie, máis do 40%.

As Zonas de Especial Conservación actuais asimilan tanto os Lugares de Interese Comunitario (LICs) como as Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPAs), en virtude do actual Decreto 37/2014, de 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación ós lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Tres son as ZEC que afectan ó territorio do Ulla Tambre Mandeo:

- ZEC Serra do Careón (ES1110014), a cal afecta territorialmente ós concellos de Toques, Melide e Santiso. Un dos elementos destacados dentro do contorno delimitado por esta figura de protección, polo seu alto valor paisaxístico, e tamén natural, de cara á súa conservación e potencialidade de cara ó turismo; é a Fervenza das Brañas. Atópase na parroquia de Brañas, pertencente ó concello de Toques, onde o río Furelos cae desde preto de corenta metros, cun antigo muíño como testemuña, para continuar a súa viaxe cara ó río Ulla. Para percorrer estas terras temos tres rutas homologadas

- ZEC Río Tambre (ES1110016), a cal afecta territorialmente ó concello de O Pino. Pódese percorrer a pé esta zona, achegándonos á área recreativa da Tarroeira, e camiñando río árriba, pola marxe dereita do río Tambre.

- ZEC Sistema Fluvial Ulla-Deza (ES1140001), no concello de Touro. Neste municipio, o Ulla conta cunha ben conservada ribeira, na cal se atopa un auténtico bosque de vexetación autóctona (fento real, bidueiros, acivros, abeleiras, etc.), unha variada fauna fluvial, antigos sobreirais, patrimonio etnográfico propio da zona como as pesqueiras ou ouriceiras, para a recollida e almacenaxe da castaña así como lugares senlleiros no curso do río como pode ser o Salto das Pombas ou o meandro do Pozo do Pego. Todo elo, facilmente visitable pola existencia de tres rutas de sendeirismo homologadas (PRG121 e PRG93).

 

LIC SERRA DO CAREÓN

- ZEC Serra do Careón (ES1110014), a cal afecta territorialmente ós concellos de Toques, Melide e Santiso. Un dos elementos destacados dentro do contorno delimitado por esta figura de protección, polo seu alto valor xeolóxico e tamén natural. De cara á súa conservación e potencialidade turística, destaca a Fervenza das Brañas. Atópase na parroquia de Brañas, pertencente ó concello de Toques, onde o río Furelos cae desde preto de corenta metros, cun antigo muíño como testemuña, para continuar a súa viaxe cara ó río Ulla. Para percorrer estas terras temostres rutas homologada

A Serra do Careón é moi interesante dende o punto de vista xeolóxico, constitúe unha das cinco unidades de Galicia que xunto
co Norte de Portugal, se caracteriza por ter unha composición de rocas máficas e
utlramáficas de Galicia. Este tipo de composición mineralógica, determina o tipo de perfil do chan, que se caracteriza por ser un chan de escaso espesor e grado evolutivo, conferíndolle á paisaxe apariencia de ruiniforme, con abundante presencia de
afloramentos rochosos. Nos estadios iniciais o pH é próximo á
neutralidade e as disolucións do chan teñen unha clara tendencia alcalina. Na súa maior parte, trátase de chans hipermagnésicos. Este tipo de chan é o que vai condicionar o favorecer a presencia de diversos hábitats de interese, entre os que destacan especies endémicas, por exemplo: Santolina melidensis (Rodr. Oubiña & S. Ortiz), Armeria merinoi Bernis, Leucanthemum gallaecicum Rodr. Oubiña & S. Ortiz, Eryngium viviparum Gay, Centaurea janeri M. Laínz, Fontinalis squamosa Hedwy Narcisus triandrus Linneo.

 

LIC 1110014 SERRA DO CAREÓN PDF