Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Recentemente, foi declarada pola UNESCO a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, da que o territorio do Concello de Sobrado forma parte, o cal supón un elemento máis de protección do medio do mesmo, así como un novo recurso para o desenvolvemento local. As Reservas da Biosfera constitúen lugares excepcionais para a investigación, a observación a longo prazo, a formación, a educación e a sensibilización do público, permitindo ao mesmo tempo que as comunidades locais participen plenamente na conservación e o uso sostible dos recursos. Considera que tamén constitúen lugares de demostración e polos de acción no marco das políticas de desenvolvemento rexional e de ordenamento do territorio.

Como elemento senlleiro dentro desta figura de recoñecemento natural, destácase a lagoa de Sobrado. De orixe artificial, creada pola comunidade de monxes do Mosteiro no século XVI coa unión do canle de varios regatos, co obxectivo de abastecerse de regadío e pesca, na actualidade é un dos humidais máis recoñecidos da xeografía galega tanto pola súa flora como pola súa avifauna.

Red Española de Reservas da Biosfera

Auga, pedra, sol e vento

aquí a ledicia é tanta

que todo rebule e canta

e o Ulla vaise contento

Xosé Neira Vilas