Río Ulla

Desde o nacemento en Antas de Ulla, ata a desembocadura na ría de Arousa, o río Ulla percorre uns 130 quilómetros. Por lonxitude é o terceiro río galego, tras o Miño e o Sil, e serve de límite provincial entre A Coruña e Pontevedra.
A paisaxe amósase moldeada pola actividade humana tradicional sendo un bo lugar para observar as ribeiras fluviais e as pontes cargadas de significados históricos.
Con todo, en ocasións a natureza do río reclama a súa bravura en fervenzas de altos voos como a Fervenza das Hortas de 30 metros de caída en Arzúa, ou as de Santa Marta e o Salto das Pombas en Touro.

Para percorrelo por auga: o único ferri de augas doces de Galicia, o Azulón primeiro en Santiso. Para percorrelo a pé: seis preciosas rutas no territorio do Ulla Tambre Mandeo, tes en Touro, unha en Arzúa e dúas en Santiso. Para coñecelo: o Centro de Interpretación do Río Ulla en Touro.

 

Centro de Interpretación do Río Ulla

O Centro de Interpretación do río Ulla permitirá ao visitante o achegamento aos recursos naturais, patrimoniais e culturais do Ulla. Un dos seus grandes atractivos é sen dúbida a súa proximidade ao río (uns 4 quilómetros) e ás rutas de sendeirismo homologadas do concello.

O centro está situado nunha área de esparexemento e ocio onde hai tamén unha piscina pública ao aire libre, pista de tenis, parque saudable, área de autocaravanas, un pequeno parque infantil e a Casa da Cultura. A uns 300 metros atópase o casco urbano de Fonte Díaz, con todo tipo de servizos (centro médico, farmacias, supermercados, restaurantes, cafeterías, etc) e próximo á ruta alternativa do Camiño de Santiago para bicicletas coñecida como Ruta do Holandés.

Máis información en www.concellodetouro.com / www.touroturismo.es ou no Concello de Touro (981 504 029)

Rúa de Castelao, 36 Touro, 15822, A Coruña

42.870999, -8.311340

PDF do Centro de Interpretación do río Ulla

 

Rutas de senderismo homologadas

 

NÚMERO NOME LONXITUDE DURACIÓN LUGAR DIFICULTADE

MÁIS INFO

 PR-G 169 Roteiro da Fervenza das Hortas 19’9 Km – Derivación 1’2km ida e volta 5 horas e media Arzúa (río Ulla) Media/Alta

www.concellodearzua.com

 PR-G 125  Sendeiro de Visantoña  14’31 Km  4 horas Visantoña   Baixa TURGALICIA
 PR-G 166  Roteiro das Fervenzas de Toques  11’3 Km   Toques (Rede Natura 2000)  

www.toques.es

PR-G 167 Roteiro da Hermida de Toques 9 Km – circular 2 horas e 15 minutos Toques (Rede Natura 2000) Media/Baixa

www.toques.es

PR-G 168 Roteiro dos Megalitos 12 Km – circular 3 horas e media Toques (Rede Natura 2000) Media

 www.toques.es

PR-G 121 Ruta dos Tres Ríos 9 Km 3 horas e
30 minutos
Touro (Río Ulla) Media

www.concellodetouro.com

PR-G 93 Rota da Ribeira do Ulla 12’8 Km 4 horas Touro (Río Ulla) Media

www.concellodetouro.com

  Roteiro de Santa Marta polas sombras do río Ulla 12,5 kM   Touro (Río Ulla) Media/baixa   www.concellodetouro.com

 

 

PRG. -125 Sendeiro de Visantoña (Santiso)

Ruta circular de 15 quilómetros, por pistas rodeadas de prados e agricultura, que nos permite visitar andando o Encoro de Portodemouros, construído nos anos 60 coas augas do Ulla e afluentes.

Pódese coller o Ferri, único de augas doces de Galicia, que dende 1977 une Santiso e Vila de Cruces, transportando ininterrompida e gratuitamente pasaxeiros e coches dunha beira á outra. 

 

Roteiro da Fervenza das Hortas (PR-G169)

Espectacular ruta de 20 quilómetros seguindo o Ulla, na que destacan as Fervenza de 30 metros de caída, o torrente de Maroxo e o impoñente Embalse de Portodemouros. Imprescindible visitar o Encoro de Abelleiro, un museo vivente do mel onde se pode ver, en vivo, todo o traballo das abellas.

 

Máis información en SEGATUR e TURISMO.GAL