PROGRAMA LEADER 2014-2020

Con data 31 de xaneiro de 2017 abriuse o prazo para a solicitude de axudas ao abeiro do programa LEADER 2014-2020. O ámbito de actuación do programa no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo inclúe nove Concellos: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

O Leader destina un 65% do seu orzamento á creación, ampliación e modernización de Pemes, é dicir, a proxectos produtivos. Calquera persoa autónoma ou empresa pode solicitar as axudas para facer investimentos en proxectos que non estean iniciados no momento da solicitude.

O 35% restante do orzamento está destinado a proxectos sen ánimo de lucro, unha parte resérvase a asociacións e outras entidades privadas que poidan desenvolver este tipo de proxectos, e outra parte déixase reservada para investimentos realizados por concellos.

O prazo de solicitude está aberto todo o ano. En cada anualidade realízase unha selección por procedemento de concorrencia competitiva, para todos aqueles proxectos presentados ata o 31 de marzo.

 

     
SUBMEDIDA TIPO PROXECTOS  
TOTAL
19.2: Apoio para a realización de operacións conforme á estratexia de desenvolvemento local participativo Produtivos 1.587.301,69 €
Non Produtivos (entidades públicas locais) 512.820,55 €
Non produtivos (institucións de carácter privado) 280.830,30 €
Formación promovida polos GDR 61.050,07 €
TOTAL 2.442.002,60 €
1.9.4: Axuda para os custes correntes da estratexia de desenvolvemento local e para a animación
TOTAL 814.000,87 €
TOTAL ESTRATEXIA 3.256.003,47 €
  FEADER 2.442.002,60€
  AXE 81.400,09 €
  XUNTA 732.600,78 €

 

 

 

 
Prazo de solicitude: Ata o 31 de marzo de 2017.
 
Requisitos dos proxectos: a) Estar localizados no territorio do GDR, b) Ser viables técnica, económica e financeiramente para os proxectos produtivos e técnica e financieramente para proxectos non produtivos, c) Axustarse á normativa sectorial que resulte de aplicación, d) Non estar iniciados, e) Ser finalistas.
 
Poderán ser beneficiarios das axudas: a) as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, b) as entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios e entidades dependentes das anteriores, c) as comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades.
 
Intensidade da axuda:
  - para proxectos produtivos, entre un mínimo do 15% e un máximo dun 50% dos gastos subvencionables; sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
 
- para proxectos non produtivos, entre un mínimo do 30% e un máximo dun 90% dos gastos subvencionables, segundo se encadre a tipoloxía do proxecto nunha ou outra prioridade da EDL (alta, media ou baixa); sometido ó baremo de valoración do GDR e respectando os límites máximos de contía da axuda segundo as bases reguladoras.
 
Información e consultas:
 
Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden dirixirse ó GDR Ulla Tambre Mandeo para recibir asesoramento no seguinte enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Teléfono (+34) 981 511 377
Avenida de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca. 15821 O Pino