Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o sábado 19 de outubro a partir das 10:30 horas e con 20km de ruta, pola tarde será o turno de Vilasantar, con 18 km que terán que percorrer os participantes a partir das 16:30 horas. Xa para  domingo será o turno de Melide, 20km a partir das 10:30 horas. Toda info a encontraredes en: https://www.gdrullatambremandeo.gal/index.php/news/289-caminos-de-auga-sobre-rodas  e as inscricions son totalmente de BALDE EN: https://www.deporticket.com/web-evento/10498-camios-de-auga-sobre-rodas

 

  
 
 
 
 
 
 
  
 
Ruta polo Concello de Toques

Sitio de saída: Campo da Festa de Brañas (43.004159, -7.946304)

Percorrido: 20 kms

Duchas : Pavillón municipal (42.967696, -7.974073)
 
Lavado de bicicletas no mesmo punto de saída e chegada
 

 

Ruta polo Concello de Vilasantar

Sitio de saída: Concello de Vilasantar

Percorrido: 18 kms

Duchas: Campo de fútbol de Vilasantar
 
Lavado de bicicletas no mesmo punto de saída e chegada
 

 

Ruta polo concello de  Melide

Sitio de saída: Área recreativa de Furelos.

Percorrido: 20 kms

Posibilidade de duchas : https://maps.app.goo.gl/ckUfA4XKUfCQnmfv9

Lavado de bicicletas no mesmo punto de saída e chegada.

Descarga a ruta

 

 
Ruta polos concellos de Arzúa e Boimorto
 

Sitio de saída: https://maps.app.goo.gl/a4VcWXEzpAU7jjkQ6 

Percorrido: 20 kms

Posibilidade de duchas e lavado de bicicletas: no mesmo sitio da saída e chegada.

Descarga a ruta

 

 Ruta polo Concello de Touro

Sitio de saída: Igrexa de Fonte Díaz, en Touro

Percorrido: 25 Kms.

Posibilidade de duchas e lavado de bicicleta: No pavillón municipal

Descarga a ruta

 

 

Ruta polo concello de Santiso

Sitio de saída: Campo da festa de Visantoña https://maps.app.goo.gl/ewH7rZh7MVoqFgBt9

Percorrido: 22 kms

Posibilidade de duchas e lavado de bicicleta: na saída

Descarga a ruta

 

Ruta polo concello de O Pino
Sitio de saída: San Xiao de Lardeiros
 
Percorrido: 19 kms

Posibilidade de duchas: sen confirmar

Descarga a ruta

 

Na Igrexa románica de Santa María de Mezonzo, no Concello de Vilasantar, O GDR Ulla Tambre Mandeo presentou esta mañá unha serie de sete rutas de cicloturismo baixo o título “Camiños de Auga sobre rodas”, que percorrerán os oito concellos do xeodestino.

 

 

Ao acto acudiron membros da Xunta Directiva do GDR Ulla, Tambre, Mandeo; representantes das corporacións municipais de Touro, Vilasantar, Melide, Arzúa, Santiso e Boimorto; e responsables de entidades privadas como as asociacións Alecrín ou Amarai entre outras.

Segundo indicou a presidenta do GDR, Chus Novo, un dos obxectivo estratéxicos do GDR para o vindeiro Leader é converter o territorio nun destino cicloturístico de referencia. “Queremos apostar por este segmento do turismo, que se caracteriza por turistas respectuosos co medio que buscan patrimonio, gastronomía e natureza”. Así pois, incidiu, o territorio do xeodestino “conta con recursos de sobra nos tres eidos”.

 

Sete rutas de pouca dificultade

O proxecto “Camiños de Auga sobre rodas” componse de sete rutas de cicloturismo que se desenvolverán nas últimas fines de semana de outubro. Realizaranse dúas os sábados, unha pola mañá e outra pola tarde, e unha pola mañá os domingos. Trátase de rutas guiadas de pouca dificultade, cunha distancia entre os 18 e os 25 quilómetros, e que se poden percorrer tamén en bicicleta eléctrica.

Ademais de gozar da fermosa contorna, as persoas participantes poderán aprender sobre a historia dos lugares e coñecer puntos de gran renome no xeodestino, como o Coto do Pilar, a fervenza de Brañas, o embalse de Portodemouros, o batán de Mezonzo, ou a igrexa románica de Sendelle.

Como reclamo extra para a participación nestas rutas, o consello regulador da Denominación de Orixe Protexida de Arzúa-Ulloa regalará un queixo aos ciclistas que realicen as sete rutas.

Pola súa banda, Serafín Martínez, encargado da organización das ciclorrutas, fixo fincapé en que non se trata de un evento competitivo, senón “turístico-deportivo”, e no seu carácter gratuíto. Xa que logo, establécese un límite de 70-80 ciclistas por ruta, para garantir a comodidade, a interacción e o respecto á contorna. Así, as persoas interesadas deberanse inscribir nesta ligazón.

Desestacionalizar o turismo

Unha vez rematada a época de maior afluencia de turistas, o GDR Ulla, Tambre, Mandeo pretende atraer novos visitantes con “Camiños de Auga sobre rodas”. Neste sentido, Serafín Martínez explicou que esperan atraer sobre todo a xente do resto de Galicia, de Asturias, León e o norte de Portugal.

Nesta mesma liña, Chus Novo salientou a importancia de atraer a visitantes en tempada baixa para repercutir positivamente nos establecementos de hostalaría.

 

 

 

 

A nova presidenta do GDR, Chus Novo, Alcaldesa de Boimorto, asume o cargo coa responsabilidade de xestionar o novo Leader 2023-2027, iniciado o pasado 7 de agosto coa sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Medio Rural e o GDR Ulla Tambre Mandeo.

Neste novo programa, que se agarda poñer en marcha na vindeira anualidade 2025, o GDR conta cun orzamento total de preto de 2,5 millóns de euros destinados á posta en marcha de novos negocios e á mellora dos existentes, na habilitación de novos servizos para o rural e na implementación de iniciativas sen ánimo de lucro cun impacto positivo na sociedade e territorio rural.

O novo período chega con moitos cambios e novidades, tanto no eido das actuacións a subvencionar como ámbito da xestión, a máis destacable, o impulso ós proxectos de cooperación galega, interterritorial e transnacional entre GDRs e entidades colaboradoras, para os cales é imprescindible dedicar un mínimo do 5% do orzamento para as actuacións do GDR.