Os 100.000 euros dispoñibles no Programa leader para este ano foron a parar ao Concello de Santiso. As tres iniciativas presentadas e aprobadas polo GDR pertencen a este concello. Dous dos proxectos eran para crear sendos locais sociais. Un deles cunha axuda concedida de 50.000 euros para construción e equipamento, abrande as parroquias de Arcediago, Rairiz e Mourazos, e terá equipamento específico para nenos e persoas maiores. Como apunta a súa presidenta Matilde Pallares, “cada vez hai menos nenos en Santiso, pero aos que hai temos que mimalos”. Con este proxecto pretende dotalos dun espazo cuberto no que xogar, sobre todo para os días de choiva, para que poidan xuntarse entre eles e tamén coas persoas máis maiores, que terán outro espazo diferenciado habilitado con actividades especificamente adaptadas a elas.

 

O outro centro social, de San Estaban de Pezobrés, non acadou a nota de corte para levar a axuda correspondente, de momento, e quedará en lista de espera. No caso de habilitarse novos fondos, á construción deste novo centro social corresponderalle unha axuda de 16.000 euros.

Estas iniciativas veciñais teñen un gran valor, pois supoñen o interese e a unión de moitas persoas que aportan o seu patrimonio persoal para a construción dun espazo en común, no que compartir intres e unir lazos, un espazo de socialización nunha cada vez máis solitaria entorna rural. Tal como funcionan ás axudas públicas, estes veciños e veciñas adiantarán, entre todos, unha importante suma de diñeiro, da cal recuperarán a porcentaxe correspondente: En torno a un 64% no caso do Centro Social de Arcediago, Rairiz e Mourazos, e un 45% para Pezobrés, si ao final lévase a cabo.

Outra iniciativa que obtivo axuda no leader deste ano é unha ruta de sendeirismo homologada de 40 quilómetros na contorna do Río Ulla ao seu paso por Santiso. A axuda foi solicitada por dúas asociacións /Asociación Veciñal e Cultural O Noso Lar e Asociación Ambiental As Rigueiras) e o concello. O orzamento ascende a 156.000 euros, e aínda que lle correspondería unha axuda de, por puntuación en baremo dus 80€, ás restricións orzamentarias do Leader non permitir aportar esa cantidade. A axuda aprobada onte ascende a 55.000 euros, cos que as dúas asociacións e o concello porán en marcha os 40 quilómetros de ruta.

 

O Río Ulla é un dos principais atractivos do noso territorio, e esta iniciativa ven a sumarse a outras realizadas en Touro, Arzúa e tamén en Santiso, con que pouco a pouco, o río estase a converter nun atractivo turístico diferenciado e diferenciador no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo. Así, accións como o Goza do Ulla, no que participan os vinte concellos bañados por este río, o Centro de Interpretación do Río Ulla de Touro financiado co anterior programa Leader, as rutas homologadas existentes non tres concellos e outras moitas iniciativas, únense na creación dun gran proxecto que estase construíndo cun unha enorme suma de pequenas achegas.

 O Presidente do GDR, don Ovidio leiva, como presidente del GDR e como veciño de Santiso, amosaba onte a súa sorpresa e orgullo, ante o feito de que os tres proxectos das asociacións deste ano sexan do mesmo concello, apuntando que Santiso caracterízase por un tecido asociativo forte, no que os seus habitantes únense e son quen de levar a cabo proxectos conxuntos, a pesar do esforzo económico e o risco financeiro que elo implica. Aínda co obxectivo principal do leader -apunta- é o financiamento de negocios e empresas no rural, esta pequena parte destinada a proxectos de asociacións supón unha achega moi importante para o noso territorio, e os proxectos presentados contribuirán de xeito significativo a mellorar á nosa calidade de vida.