O día 26 de febreiro, dará comezo en Touro do Curso de Transformación do leite en produtos distintos

do queixo de 40 horas de duración.

O curso vai enfocado a facer unha introducción á fabricación de distintos produtos lácteos cos que dar valor engadido ó leite das nosas vacas galegas. Así aprenderemos como é o proceso de fabricación de produtos como o requeixo, o "petit suisse", iogures, batidos, nata, manteiga, kéfir e outros. A metade das horas estarán adicadas á teoría sobre as propiedades do leite, composición, microbioloxía, pasteurización, hixiene, fermentos e outros aspectos fundamentais na fabricación.

Outras vinte horas serán prácticas e levaranse a cabo en distintas instalacións, para "meter as mans no leite" e probar realmente a fabricar estes produtos. Unha das instalacións nas que se levará a cabo a fabricación será o obradoiro de Gur Gur, iogur tradicional dunha gandería de Bama, en Touro.

Para aquelas persoas asistentes ó curso que estean interesadas, tamén programaremos, fóra xa das actividades do curso, unha xornada formativa na Aula de Produtos Lácteos de Lugo, da Universidade de Santiago. Se ben o curso é gratuíto, esta xornada de formación na Aula de Produtos Lácteos terá que ser aboada polos alumnos que queiran asistir, sendo o GDR un mero intermediario, para a organización da xornada.

 

O curso ten como obxectivo fundamental dar a coñecer o proceso de fabricación de distintos produtos que se derivan do leite, e que no noso territorio, teñen menos tradición que o famosísimo queixo Arzúa-Ulla. Así poderemos ampliar a nosa gama de posibilidades para a fabricación nunha queixería xa establecida ou para establecer novos negocios de industrias artesanais lácteas no rural.

 

Para inscribirse hai que chamar ó GDR: 981 511 377 ou ben escribir un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Unha vez estea o grupo feito, organizarase o horario do curso en función das necesidades e posibilidades do alumnado. En todo caso, serán xornadas de entre 4 e 6 horas diarias, que permitan observar e traballar no proceso de fabricación dos lácteos.

 

Esperámosvos!