O territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo pode presumir, sen lugar a dúbidas, dunha gran riqueza a nivel natural e medioambiental. Entre outros exemplos destacan: o río Ulla, con un ben conservado bosque autóctono; a Serra do Careón, zona protexida pola Rede Natura 2000 por mor da súa flora endémica e as súas características naturais e, tamén, a lagoa de Sobrado, integrante da declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, un espectáculo para a observación dun gran número de aves migratorias que a usan como refuxio.

O GDR pretende sumar esta riqueza natural como un atractivo máis dentro do seu plan de dinamización do destino turístico do Ulla Tambre Mandeo, apoiado este ano pola Deputación de A Coruña, polo que durante os fins de semana do mes de setembro poñerá en marcha nove rutas ambientais, unha por cada concello, guiadas por persoal experto no que os participantes poderán gozar coñecendo e valorando a flora e fauna autóctonas. Do mesmo xeito, está previsto que a principios do mes de outubro, teña lugar un maratón ornitolóxico, coincidindo coa visita das aves migratorias de inverno, unha actividade espectacular en plena natureza,  estupenda para pequenos e maiores.

As primeiras rutas desta campaña terán lugar en Vilasantar e en Touro.