O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión do Programa Leader 2023-2027. Que o territorio se beneficie dun novo período de axudas Leader é grazas á participación de toda a cidadanía na elaboración da estratexia de desenvolvemento rural, que define, para os seguintes 5 anos, obxectivos estratéxicos para os nove concellos que abrangue: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.
A estratexia do GDR foi valorada positivamente pola Xunta de Galicia, que resolveu o reparto de 57 millóns de euros entre os 24 GDR de Galicia para o novo período, que entrará en vigor a mediados deste ano 2024. O GDR Ulla Tambre Mandeo ten asignados un total de algo máis de 2,5 millóns de euros para o novo Leader.
Non se espera ata 2025 a apertura do prazo de solicitude de axudas. Non obstante, no 2024 haberá unha ampliación de crédito da convocatoria de axudas actual, o cal permitirá subvencionar algúns dos proxectos que quedaron en lista de agarda.
Gracias a tódolos colectivos e persoas que participaron no proceso de elaboración da estratexia, e que posibilitan coa súa implicación que o GDR siga ofrecendo os seus servizos e actividades.