A nova presidenta do GDR, Chus Novo, Alcaldesa de Boimorto, asume o cargo coa responsabilidade de xestionar o novo Leader 2023-2027, iniciado o pasado 7 de agosto coa sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Medio Rural e o GDR Ulla Tambre Mandeo.

Neste novo programa, que se agarda poñer en marcha na vindeira anualidade 2025, o GDR conta cun orzamento total de preto de 2,5 millóns de euros destinados á posta en marcha de novos negocios e á mellora dos existentes, na habilitación de novos servizos para o rural e na implementación de iniciativas sen ánimo de lucro cun impacto positivo na sociedade e territorio rural.

O novo período chega con moitos cambios e novidades, tanto no eido das actuacións a subvencionar como ámbito da xestión, a máis destacable, o impulso ós proxectos de cooperación galega, interterritorial e transnacional entre GDRs e entidades colaboradoras, para os cales é imprescindible dedicar un mínimo do 5% do orzamento para as actuacións do GDR.