O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión do Programa Leader 2023-2027. Que o territorio se beneficie dun novo período de axudas Leader é grazas á participación de toda a cidadanía na elaboración da estratexia de desenvolvemento rural, que define, para os seguintes 5 anos, obxectivos estratéxicos para os nove concellos que abrangue: Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar.

A estratexia do GDR foi valorada positivamente pola Xunta de Galicia, que resolveu o reparto de 57 millóns de euros entre os 24 GDR de Galicia para o novo período, que entrará en vigor a mediados deste ano 2024. O GDR Ulla Tambre Mandeo ten asignados un total de algo máis de 2,5 millóns de euros para o novo Leader.

Non se espera ata 2025 a apertura do prazo de solicitude de axudas. Non obstante, no 2024 haberá unha ampliación de crédito da convocatoria de axudas actual, o cal permitirá subvencionar algúns dos proxectos que quedaron en lista de agarda.

Gracias a tódolos colectivos e persoas que participaron no proceso de elaboración da estratexia, e que posibilitan coa súa implicación que o GDR siga ofrecendo os seus servizos e actividades.

 

O GDR Ulla Tambre Mandeo afronta neste 2023 a redacción da segunda fase da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027. 

Nesta segunda fase o que se busca é fixar tanto os obxectivos estratéxicos a partir da diagnose socioeconomica realizada, como o plan de acción que permitirá acadar estes obxectivos. Desde o GDR buscamos que esta parte operativa siga tendo o compoñente participativo máis amplo posible, polo que poñemos á túa disposición unha nova enquisa para o deseño da mesma.

PARTICIPA NA ESTRATEXIA LEADER CUBRINDO E REMITÍNDONOS A ENQUISA QUE ATOPARÁS NO SEGUINTE ENLACE, A TÚA OPINIÓN CONTA!

 

 OBXECTIVOS LEADER 2023-2027

 

O GDR lanza un último proceso participativo para determinar os obxectivos, o baremo e o plan de acción que guiarán o Programa Leader 2023-2027.

Tanto a través desta enquisa como na Asemblea Xeral que se celebrará nuns días, definiranse os obxectivos do novo Leader, o baremo a través do cal se medirá a porcentaxe de axuda, así como os proxectos financiables cunha axuda Leader, a difusión do GDR e a cooperación con outros GDR europeos.

As preguntas están elaboradas a partir da diagnose que o GDR elaborou a principios deste ano e que foi aprobado pola Xunta recentemente.

Cúbrea para que se teña en conta a túa opinión. Pincha no seguinte enlace:

ENQUISA OBXECTIVOS LEADER

 

‼️?Hoxe publícase no DOG a nova convocatoria de axudas Leader 2023-2024. O GDR Ulla Tambre Mandeo conta con 605.646,38 euros nesta nova convocatoria para o financiamento de proxectos no territorio.
Se estás pensando en montar a túa empresa...
Se tes un negocio e queres amplialo ou modernizalo...
Se pertences a unha asociación e queres poñer en marcha un proxecto de interese público...
Contacta co GDR Ulla Tambre Mandeo e infórmate!
Teléfono: 981 511 377
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo de solicitude de axudas remata o 31 de xaneiro.