O GDR Ulla Tambre Mandeo abríu o prazo de inscrición para os curso de Produción de camelia para té e Produción de nogueira. Os cursos, ambos do ámbito forestal, teñen como obxectivo que o alumnado asistente coñeza e se forme na plantación e cultivo de ambas producións, de xeito que se favoreza a posta en marcha de novos usos do monte e se diversifiquen as producións a aproveitamentos que se fan do mesmo.

Ambos cursos teñen carácter teórico-práctico e dentro do contido formativo inclúese formación no coñecemento, cultivo, fitopatoloxía e coidado de ambas producións; do mesmo xeito, tamén se inclúe unha parte destina a coñecer o proceso de elaboración dos distintos tipos de té, no caso da camelia, e a selección e conservación da noz, no caso da nogueira.

Os cursos, gratuítos, impartiranse no concello de O Pino durante o mes de setembro, co seguinte calendario:

 

  • Curso de produción de camelia para té

o    Venres, 13 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 14 de setembro. 10.00h – 14.00h.

o    Venres, 20 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 21 de setembro. 10.00h – 14.00h.

  • Curso de produción de nogueira

o    Venres, 27 de setembro. 16.00h – 20.00h.

o    Sábado, 28 de setembro. 10.00h – 14.00h.

 

As prazas son limitadas. Para inscribirse, hai que enviar un correo ó GDR (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), ou ben, contactar vía telefónica (981 511 377).

 

O GDR Ulla Tambre Mandeo abre o prazo de inscrición para o curso de atención ó cliente que ten por obxectivo mellorar a calidade na atención ó visitante cunha comunicación eficaz, que transmita ás persoas que nos visitan os valores do territorio como destino turístico, e dea a coñecer os principais atractivos naturais, de patrimonio, museos, lugares e servizos.
O curso impartirase en Boimorto entre os días 8 e 11 de abril, e vai dirixido a persoas en contacto con turistas e peregrinos dos nove concellos do GDR. Persoas que traballen ou queiran traballar en hoteis, albergues, restaurantes, taxis, tendas etc.
O curso será impartido por Lidia de la Fuente, guía oficial de turismo de Galicia. As dúas primeiras xornadas serán teóricas e estarán orientadas a coñecer as necesidades do turista e como ofrecer un mellor servizo e unha comunicación máis eficaz. As dúas últimas xornadas serán saídas de campo para coñecer o noso entorno e aprender algunhas técnicas para converterse no mellor embaixador da nosa terra e un inmellorable anfitrión ou anfitriona.
A inscrición estará aberta ata completar as 18 prazas disponibles para o curso. Para anotarse hai que enviar un correo ó GDR (leader@gdrullatambremandeo.gal).
 
 

A guía da flora e a fauna do territorio é unha extraordinaria mostra do que a natureza nos ofrece, tanto nos tres ríos que nos dan nome, Ulla Tambre e Mandeo, como nos montes, na Serra do Careón, e na Lagoa de Sobrado.

Esta guía non pretende ser un listado completo e pechado de tódalas especies,.Sería imposible recoller todo! Soamente é unha ventaniña a un entorno moitas veces descoñecido, unha invitación a gozar do que nos rodea. Entra e disfruta!!

 

A calidade das imaxes fai que o documento sexa moi pesado, polo que se a vas descargar, ten paciencia, pesa dous gigas. A espera merecerá a pena!

Guía da flora e a fauna locais. Usos e tradicións

 

Ler máis...

Onde? En Santiso

Cando? Dende febreiro, unha fin de semana ó mes. Venres tarde e sábado pola mañá.

Que aprenderei? como sacarlle rendemento a un souto. Aprenderás a podar, abonar, recoller, inxertar e todo o relacionado coa castaña. E farás as prácticas cos castiñeiros, para que o leves ben aprendido!

Como me anoto? chamando ó GDR: 981 511 377