O Grupo de Desenvolvemento Rural é unha asociación sen ánimo de lucro, que dende que se fundou, en Sobrado dos Monxes no 2008, ten como obxectivo fundamental promover o desenvolvemento do territorio, actualmente formado polos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Touro, Toques e Vilasantar. Para elo conta co concurso, participación e colaboración de todos os axentes públicos e privados que interveñen nos procesos de desenvolvemento económico, social e cultural e que, entre outras actuacións, xestionan o Programa Leader.

Esta asociación e a súa predecesora, a Asociación Portodemouros, xestionou con éxito anteriores programas de desenvolvemento rural. De feito, Portodemouros foi un dos catro territorios europeos nos que se aplicou o Leader como proxecto piloto xa no ano 1991. Hoxe en día hai máis de 2.200 grupos de desenvolvemento rural espallados por Europa, 24 deles en Galicia, en colaboración coa Consellería de Medio Rural. O Leader ten asignado un 5% do orzamento do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia.

O Leader está enfocado a seguir unha estratexia deseñada pola poboación local, seguindo a filosofía que nos guía, de abaixo-arriba, sendo os axentes locais os que deciden cales son os principais recursos e como usalos, en base ós obxectivos que determinan como prioritarios para acadar un desenvolvemento sustentable e a mellora da calidade de vida.

Actualmente, o GDR Ulla Tambre Mandeo xestiona o Programa Leader 2014-2020 dirixido a apoiar, sobre todo, iniciativas empresariais, de creación, modernización ou mellora, de empresas de calquera dos sectores económicos.

 

Memoria anual de actividades 2021

Memoria de actividades 2020

Memoria anual 2019

Memoria anual 2018

Memoria anual 2017

Memoria anual 2016

Memoria anual 2015

Memoria anual 2014

Memoria anual 2013

Estatutos GDR 2019

Panorámica Leader

AGADER

RNN