O Ulla Tambre Mandeo goza dun impresionante patrimonio natural, moito do cal se pode gozar gracias ás rutas homologadas que o percorren e que se recollen neste apartado: Río Ulla e rutas homologadas.
O patrimonio natural do territorio pódese dividir en tres grandes áreas:
 
Río Ulla, Furelos e Rede Natura da Serra do Careón. O Río Ulla baña os concellos de Santiso, Arzúa e Touro. O seu afluente, Furelos, ó seu paso por Melide e Toques déixanos impresionantes imaxes de paisaxes, pontes e fervenzas. A Rede Natura da Serra do Careón, en Santiso, Toques e Melide completa a paisaxe e riqueza, con especies de gran valor como a Santolina Melidensis. 
 
(Fervenzas de Brañas)
 
Sobrado capital da Reserva da Biosfera
Sobrado dos Monxes cenvértese na capital da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo gracias ó nacemento de dous ríos nas súas terras, o Tambre e o Mandeo e gracias tamén á Lagoa de Sobrado, obra artificial dos monxes do Mosteiro, no século XVI. Esta lagoa é un dos humidais galegos máis importantes, tanto pola flora como pola fauna que nela habita.
 
 
 
O Río Tambre
Ao seu paso polos concellos de Sobrado, Boimorto, Vilasantar e O Pino ten tamén unha gran riqueza con bosques de ribeira ben conservados e unha zona Rede Natura, no Concello de O Pino, que se pode percorrer a pé, durante 11 quilómetros, dende a área recreativa da Tarroeira, río arriba pola marxe dereita.

 

PRG-121.- Ruta dos Tres Ríos (Touro)

Dende a ponte Basebe o Ulla, pasando polo Beseño e o Lañas, ata a espectacular Área recreativa de Santaia, pasaremos polo río ó longo de 9 quilómetros inesquecibles. Entre os maiores atractivos, ademais dos ríos e dos frondosos bosques, o Muíño da Carballa, rehabilitado na súa totalidade e o Salto das Pombas, de 10 metros de altura.

Apto para calquera persoa que anime a visitar este fantástico lugar.

PR-G93 Ruta da Ribeira do Ulla (Touro)

De grande interese natural, con sendeiros de pescadores, camiños de carros, tupidas carballeiras, sobreiras, fervenzas e o paraxe natural do pazo d Pego, remanso de paz. Ouriceiras, muíños, ruínas de pazos, e moitas máis sorpresas nos esperan neste roteiro.

Para coñecer todo o que o río che ofrece, achégate ó Centro de Interpretación do Río Ulla.