Fervenza das Hostas (Arzúa)

A fervenza das Hortas é un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga, en gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, do Regato de Saímes (segundo o libro Augas caídas. Fervenzas de Galiza).

Na súa parte alta atópase o muíño dos Agra, sito no lado de Touro.

Tamén é coñecida polo nome de Fervenza de Santa Marta , debido a unha lenda que ten asociada:

A veciñanza ía moer ao muíño, e conta a historia que unha rapaza quedou embarazada do seu mozo, e este dixo que non a quería. Unha noite de muiñada, o mozo empuxouna pola fervenza, e mentres caía, ela dixo “Santa Marta me vaia!”, e parou a caída un carballo que na fervenza estaba, salvándoa milagrosamente.

Turismo Arzúa

(PRG 169) As Hortas. Dombodán. 15810 Arzúa

42.84937 / -8.21526

  

Igrexa de Sendelle (Boimorto)

Turismo de Boimorto

Lg. lgrexa. Sendelle. 15817 Boimorto

 

Obra Pía de Santo Antón - Praza do Convento (Melide)

O encanto da vila de Melide ten o seu máximo expoñente na praza do convento, onde se unen nun conxunto estético, a igrexa que se conserva do convento Sacti Spiritus, o pazo que hoxe alberga o concello, o antigo hospital de peregrinos onde agora está o museo e a capela Obra Pía de Santo Antón, que comparte parede co concello. Todos eles edificios destacables que gañan aínda máis como conxunto.

Igrexa de Sancti Spiritus

Concello de Melide

Capela de Santo Antón

15800, Melide

42.915410, -8.016532

 

Igrexa de Santa María de Melide (Melide)

Santa María de Melide, catalogada Monumento Nacional, é a xoia do románico melidao. A igrexa dunha soa nave remata formando unha ábsida semicircular na súa cabeceira, que consta dun treito recto, con bóveda de canón e de capela con bóveda de cascarón. No fondo da ábsida hai unha xanela abucinada que finaliza nun arco de medio punto, con columnas de fuste liso e capiteis vexetais. O esquerdo con motivos moi estilizados e o dereito decorado con pinas, motivo tardío no románico galego que aparece noutras igrexas: San Miguel de Esporiz (Monterroso), San Martiño de Ferreira (Palas de Rei) e Santa María de Arco (Antas de Ulla), todas elas na provincia de Lugo.

Turismo Melide

15800, Santa María de Melide, Melide

42.910596, -8.019269

 

Aldea de Furelos e Ponte de San Xoán de Furelos (Melide)

unha das mellores obras de arte medieval civil, xunto cos pazos, que se atopa en pleno camino Francés, o carón da aldea de Furelos, que tamén merece unha visita, e preto da área recreativa do Río Furelos, ideal para darse un baño antes de proseguir a visita.

Turismo Melide

15809 Furelos, A Coruña

42.908663, -7.998857

 

Ponde romana de Ponte Puñide (O Pino)

Trátase dunha pequena ponte da época romana, situada sobre o río Mera. Actualmente o seu estado de conservación é deficiente, sendo precisa unha limpeza da maleza que practicamente cobre a ponte.

Turismo O Pino

Ponte Puñide. 15821 O Pino

42.948223 / -8.336745

 

 Área Recreativa Capela da Magdalena (O Pino)

Turismo O Pino

15821 O Pino
42.93469967 /-8.41359615

 

Encoro de Portodemouros e ferry (Santiso)

(comunica Santiso con Vila de Cruces / Santiso communicates with Vila de Cruces. Gratuíto / Free) Beigondo. Santiso

42.84844 / -8.15112

 

Área Recreativa A Cornella "O Liño" (Santiso)

Ponte Arcediago. 15808 Santiso

42.83984 / -8.03263

 

Pazo de Vilar de Ferreiros (Santiso)

É esta unha terra rica en pazos, construcións que os señores fixeron dende o século XVI tallando nas súas pedras boa parte da nosa historia. Signos heráldicos, proporcións suntuosas, portóns blasonados, palomares e xardíns definen a Galicia e que por sorte, aínda podemos gozar dalgúns, convertidos en luxosos negocios hosteleiros.

Concello de Santiso

Visitas reserva previa / prior reservation to visit

Vilar de Ferreiros 1. Visantoña 15808 Santiso
T +34 981 510 742/ +34 639 656 317 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. www.rjacobea.com

 

Campamento Ciadella (Sobrado dos Monxes)

Asentamento militar romano que tiña como función a vixiancia da vía XX, daba cobijo a unha cohorte, de unos 500 miembros. A parte escavada ten unha cuberta que facilita os traballos arqueolóxicos. Aínda falta unha boa parte por descubrir. A función principal deste campamento era o de control das comunicacións entre Brigantium (A Coruña) e Lucus Augusti (Lugo). O Campamento estaba comunicado gracias a unha vía transversal secundaria coas vías XIX e XX do Itinerario de Antonino.

A Oficina de Turismo, sitúada na rúa Santiago do Campo nº 1 presta un servizo de información aos visitantes de luns a venres, en horario de 16:30 a 20:00h.

Teléfono de contacto: 981787577 / 981787508

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Turismo Santiso

A Ciadella. 15812 Sobrado

   

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Do que se conserva tanto a igrexa como as dependencias monacais, é un referente galego do barroco, do que destaca a imponente fachada da igrexa, obra de Pedro de Monteagudo. O mosteiro destaca pola súa beleza e tamén por combinar, aínda hoxe, a actividade relixiosa dos monxes Cistercienses coa actividade civil de albergue e a económica de vaquería. A cociña, os claustros e a sala capitular son tamén moi interesantes. Os monxes teñen un percorrido guiado polo mosteiro.

Mosteiro de Santa María de Sobrado

Turismo Sobrado dos Monxes

15813 Sobrado dos Monxes, Aa Coruña. Teléfono: +34 981 787 509

43.038690, -8.022108

 

Carballeira da Casa do Gado (Sobrado dos Monxes)

15813 Sobrado dos Monxes

43.042239 / -8.01192

 

Dolmen Forno dos Mouros (Toques)

En plena Rede Natura 2000 de Toques, na Serra do Bocelo, está esta estrutura megalítica con fins funerarios de tipo colectivo. É un das mellores mostras en Galicia. Para chegar andando, pódese seguir a PR-G168 Rota dos Megalitos de Toques, de 12 quilómetros de beleza natural.

Paradela. 15806 Toques

43.01188 / -7.97613

 

Castro da Graña (Toques)

Alí viviron os nosos ancestros castrexos durante a Idade de Ferro. Os restos arqueolóxicos atopados están na exposición do Museo Terra de Melide en Melide. Ambas visitas obligatorias por interesantes

15808 Toques

42.9718877 / -7.9730926

 

 

San Antolín de Toques

Do antigo mosteiro consérvase a igrexa, encravada nun entorno de enorme beleza natural. É un dos referentes do prerrománico galego. A visita merece a pena, tanto pola valía da construcción prerrománica, como polas

pinturas muráis renacentistas que se conservan no seu interior, e un calvario tallado en madeira que probablemente data do século XIII.

Santa María da Capela. 15806 Toques

42.97823 / -7.98314

 

Fervenza de As Brañas (Toques)

(PRG 166)*** 15806 Toques

42.995796 / -7.947749

 

Fervenza Salto das Pombas (Touro)

Dita fervenza localízase na parroquia de Cornado e no lugar denominado como Montes de Fao. Esta fervenza encóntrase no río Lañas.

A ela pódese chegar, dende Touro a través da carreteira que vai a Fao. No cruce de Fao, cóllese a carreteira a man esquerda, e séguese ata chegar á parroquia de Novefontes. Alí, nunha curva aparece sinalizada a ruta turística, que debe seguirse po.

Turismo de Touro

PRG-121

Cornado. 15822 Touro

42.8527909 / -8.2708473

 

Fervenza do Inferniño (Touro)

Novefontes. 15822 Tauro

42.8313574 / -8.285347

 

Pozo do Pego (Touro)

 (PRG 93)* Remesquide. 15822 Touro

42.845749 / -8.316178

 

Área Recreativa A Santaia (Touro)

Santaia. 15822 Touro
42.86577360 / -8.28717291

 

Santa María de Mezonzo (Vilasantar)

Espectacular mosteiro, exemplar do románico galego, do que soamente se conserva a igrexa de finais do século XII. Neste mosteiro profesou no ano 959, San Pedro de Mezonzo, posteriormente Bispo de Iria Flavia e Compostela. San Pedro compuxo a aínda actual Salve Regina, para pedir axuda á Virxe María ante o ataque de Almanzor, que atacou a catedral de Santiago e levou as campás a Córdoba. Din tamén que San Pedro de Mezonzo librou as requilias do Santo Apóstolo da profanación, orando so ante o seu sepulcro, con tal valentía que se respetou, por orde do caudillo musulmán.

Oficina de Información Turística:

Casa Consistorial, Rú,s/n.-15807-
Tfno: 981 77 81 69
Fax: 981 77 81 66

Turismo de Vilasantar

O Priorato, 5

15807 Vilasantar, La Coruña

43.060419, -8.134266

 

Batán de Mezonzo (Vilasantar)

A escasos metros da igrexa atópase un dos únicos batanes de España que se conserva. O encargado e veciño, Pepe, ábrenos as portas do muíño e explícanos que co batán se transforma un texido lixeiro e aberto nun tupido con capacidade para abrigar. Ata 1954 fabricábase aquí unha manta por cada dez quilos de lá de ovella. Agora os turistas vestidos con teas modernas, visitan o batán, un muíño de cereal, e o entorno coa cascada, de gran beleza natural.

(Preguntar na casa do lado para poder visitalo /preguntar en la casa de al lado para poder visitarlo / information in the near house)

Lg O Batán. Mezonzo. 15807 Vilasantar