Castro da Graña, alí viviron os nosos ancestros castrexos durante a Idade de Ferro. Os restos arqueolóxicos atopados están na exposición do Museo Terra de Melide en Melide. Ambas visitas obligatorias por interesantes.

Campamento Ciadella Asentamento militar romano que tiña como función a vixiancia da vía XX, daba cobijo a unha cohorte, de unos 500 miembros. A parte escavada ten unha cuberta que facilita os traballos arqueolóxicos. Aínda falta unha boa parte por descubrir. A función principal deste campamento era o de control das comunicacións entre Brigantium (A Coruña) e Lucus Augusti (Lugo). O Campamento estaba comunicado gracias a unha vía transversal secundaria coas vías XIX e XX do Itinerario de Antonino.

San Antolín de Toques. Do antigo mosteiro consérvase a igrexa, encravada nun entorno de enorme beleza natural. É un dos referentes do prerrománico galego. A visita merece a pena, tanto pola valía da construcción prerrománica, como polas pinturas muráis renacentistas que se conservan no seu interior, e un calvario tallado en madeira que probablemente data do século XIII.