LEADER
O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia na xestión da medida Leader para o período 2023-2027 nos concellos de Arzua, Boimorto, Touro, O Pino, Vilasantar, Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes.
Axudas e Subvencións
Orzamento
O orzamento total Leader para o período 2023-2027 do GDR Ulla Tambre Mandeo ascende a 2.509.603,49 euros. O financiamento é fundamentalmente de Europa:
Aportación
Fondos
Porcentaxe
FEADER
2.004.072,90 €
80%
XUNTA
100.203,65 €
4%
ESTADO
400.814,58 €
16%
TOTAL
2.505.091,13 €
100%
gasto público da estratexia
Este orzamento repártese en tres convocatorias de axudas para proxectos produtivos de empresas ou autónomos que queiran facer investimentos para ampliar os seus negocios, ou emprendedores que inicien unha nova actividade. As axudas consisten nunha porcentaxe sobre o total dos investimentos.
Ademais, para pequenos proxectos, o bono activa rural, financia con 18.000 euros aquelas pequenas iniciativas de novos emprendedores e emprendedoras, sen necesidade de xustificar o investimento inicial.
Unha parte do orzamento destínase a subvencionar proxectos non produtivos de concellos e asociacións.
As convocatorias de axuda terán o orzamento recollido no cadro financeiro:
TIPO PROXECTO
Produtivos
NP (EPL) *
NP (asociacións)
TOTAL
2025
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
2026
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
TOTAL
361.195,08
116.693,80
77.795,86
555.684,74
%
65,00%
21,00%
100%
* Non produtivos (entidades públicas locais)
Obxectivos
Os proxectos deben ir enfocados a acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo, que se recollen na estratexia de desenvolvemento local.
A porcentaxe de axuda que lle corresponde a cada proxecto ven definido por un baremo aprobado pola asamblea xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
Para acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo recollidos na Estratexia de desenvolvemento Local determínanse que actividades se subvencionan e cales non.
Tes un proxecto turístico? Consulta aquí se pode obter unha axuda Leader do GDR:
Breve animación explicativa de la iniciativa europea DLP
ESTRATEXIA GDR
Máis información sobre a estratexia de desenvolvemento do GDR e as axudas Leader
Estudio socioeconómico
Estratexia
Bases reguladoras e convocatoria
Resolucións de axuda
Convenio de colaboración
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Grupo de desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, para a aplicación dunha estratexia de desenvolvemento local participativo na medida Leader de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) NO MARCO DA PAC 2023-2027


