A Xunta Directiva selecciona as iniciativas produtivas beneficiarias dunha axuda Leader

O luns 13 de outubro de 2025 a Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo reuniuse na Fundación Amparo Varela Ron, en Toques, co obxectivo fundamental de aprobar os proxectos produtivos (de empresas) da convocatoria Leader 2025-2026 e asignar os fondos sobrantes aos proxectos de concellos que se atopaban en lista de agarda.

O GDR aprobou nove novas subvencións, entre os cales se atopan dúas situadas en Toques, un proxecto destinado a taller de vehículos agrarios cun investimento de 277.871 que contará entre o seu equipamento cun moderno robot que permite incluso a fabricación de pezas para a reparación así como o emprendemento dunha graduada en belas arte opta a axuda do Bono Activa Rural, dotado con 18.000 euros para novas altas no réxime de autónomos, e dará talleres e cursos a público infantil e adulto en diversas técnicas artísticas e artesanais, en Toques, Melide e concellos limítrofes. Tamén opta ó Bono Activa Rural outra promotora de Arzúa, a cal porá en marcha unha nova actividade de servicios de auxiliar veterinario a domicilio. Na mesma localidade amplíase tamén unha empresa de fabricación de casas modulares co obxectivo de duplicar a súa capacidade de produción, para o cal inviste case 400.000 euros.

Outros dos proxectos sometidos á consideración da Xunta Directiva son a domotización dunha explotación de ovos ecolóxicos en Boimorto, a restauración dun muíño tradicional de moenda para facer visitas guiadas en Boimorto, promovida por unha empresas que actualmente xa conta con outras actividades educativas, entre elas, un zoo doméstico ou, tamén, a incorporación de enerxías renovables nunha explotación de vacún de carne da IXP Tenreira Galega, en O Pino, establecida nun núcleo illado sen rede electrica para a súa actividade diaria. Finalmente, o listado de proxectos tratados conclúe coa adquisición de equipamento por parte dunha carpintería de madeira en Melide, coa que incremente a súa produción e competitividade así como coa adquisición de equipamento por parte dun promotor mozo en Touro que pon en marcha un centro de adestramento persoal.

A xunta directiva mostrouse orgullosa e satisfeita de poder axudar ó emprendemento rural, cunha diversidade importante de actividades, con gran parte de solicitudes feitas por persoas novas que están empezando, e tamén por empresarios que xa están creando riqueza no rural e que seguen ampliando o negocio e xerando valor engadido. Ademais, os investimentos repártense entre sete dos nove concellos, polo que territorialmente se diversifican os investimentos.

Dado que a iniciativa privada aprobada por Agader e a Xunta Directiva non é suficiente para esgotar os fondos dispoñibles, a Xunta Directiva acordou solicitar a Agader que active, cos fondos sobrantes, os proxectos solicitados por Concellos, e que se atopan en lista de agarda por falta de fondos. Este traspaso entre fondos de proxectos produtivos e non produtivos ou viceversa é unha práctica habitual, que se ven realizando ano a ano, e que permite o mellor aproveitamento dos fondos Leader. Desta maneira, a xunta directiva solicita que se complete, en primeiro lugar a resolución parcial do Concello de Toques, que ten unha axuda concedida para a posta en marcha de dúas vivendas sociais. Ata agora os fondos dispoñibles eran de 116.000 euros, que con este traspaso pasa a 200.000 euros. En segundo lugar, solicita que  se activen os proxectos do Concello de Boimorto, que habilitará un sistema de portas intelixentse en edificios públicos para facilitar un horario de atención máis amplo, e tamén do Concello de Santiso, onde o proxecto presentado consiste na habilitación dunha aula dixital. Cunha resolución parcial podería activarse tamén a proposta de posta en valor arqueolóxica e cultural do Castro de Calvos de Socamiño, presentada polo Concello de Touro.

A Presidenta do GDR Ulla Tambre Mandeo, Chus Novo, alcaldesa de Boimorto, destacou na reunión a importancia de aproveitar os fondos Leader para a diversificación da economía rural e recorda a tódalas persoas que estean pensando en montar ou ampliar o seu negocio, que a principios do ano 2026 abrirá unha nova convocatoria, polo que é importante acudir a oficina do GDR para informarse, ir madurando o proxecto e preparando a solicitude. A presidenta afirma que, se ben os concellos temos proxectos que presentamos para o aproveitamento dos fondos para o caso de que, como este ano, non se aproben proxectos produtivos suficientes, sempre iniciamos a convocatoria con máis fondos para as empresas, pois dende o GDR o obxectivo principal é primar a iniciativa privada e dar a oportunidade de crear empresas no rural.

 – Outras entradas –

Camiños de Futuro

Camiños de Futuro

O próximo luns 11 de abril, na EFA Piñeiral de Arzúa terá lugar o evento "Camiño de Futuro", organizado conxuntamente pola Axencia Galega de Innovación, o IGAPE, o GDR Ulla Tambre Mandeo e o GDR Asdecomor. Este acto ten como obxectivo difundir os distintos...

MARATÓN ORNITOLÓXICO

MARATÓN ORNITOLÓXICO

A última sorpresa do ano é a celebración dun maratón ornitolóxico, que levaremos a cabo os días 8 e 9 de outubro. Apto para todos os públicos, expertos ornitólogos, afecionados e non iniciados, público infantil e adulto, persoas, grupos e familias. Esta é a actividade...

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

O martes 5 de outubro celebrarase a "II Feira Virtual Camiños de Auga nas Terras do Ulla e Tambre" organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo. Un evento que se desenvolverá desde as 10:00 da mañá ata as 15:00 da tarde, e que un ano máis terá como principal obxectivo por...

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

No Ulla Tambre Mandeo poñemos en marcha un curso de formación destinado a coñecer as posibilidades ecolóxicas e produtivas susceptibles de implementarse en zonas Rede Natura 2000, como é o caso da Serra do Careón, a cal afecta ós ámbitos municipais de Santiso, Melide...

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

O territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo pode presumir, sen lugar a dúbidas, dunha gran riqueza a nivel natural e medioambiental. Entre outros exemplos destacan: o río Ulla, con un ben conservado bosque autóctono; a Serra do Careón, zona protexida pola Rede Natura...

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

La Junta Directiva del Grupo de Desarrollo Rural Ulla, Tambre y Mandeo, presentó la “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”, con el fin de dar a conocer el patrimonio natural, etnográfico y cultural del territorio. La guía constituye un trabajo de investigación y...

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

A xunta directiva reuniuse na feira de Arzúa para presentar a nova guía turística do Ulla e o Tambre elaborada polo GDR como acto promocional do Xeodestino Terras de Santiago para ordear e dar a coñecer os principais recursos turísticos dos nove concellos nos que...

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR ULLA TAMBRE MANDEO SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES Si en el mes de junio le tocaba el turno a los proyectos empresariales, con la concesión de ayudas por un importe de 450.000 euros a 5 proyectos (recordamos: una pensión en el Camino Norte de O...

Curso atención ó cliente

Curso atención ó cliente

O GDR Ulla Tambre Mandeo abre o prazo de inscrición para o curso de atención ó cliente que ten por obxectivo mellorar a calidade na atención ó visitante cunha comunicación eficaz, que transmita ás persoas que nos visitan os valores do territorio como destino...

Guía da flora e a fauna locais

Guía da flora e a fauna locais

A guía da flora e a fauna do territorio é unha extraordinaria mostra do que a natureza nos ofrece, tanto nos tres ríos que nos dan nome, Ulla Tambre e Mandeo, como nos montes, na Serra do Careón, e na Lagoa de Sobrado. Esta guía non pretende ser un listado completo e...

Curso de produción de castaña de calidade

Curso de produción de castaña de calidade

Onde? En Santiso Cando? Dende febreiro, unha fin de semana ó mes. Venres tarde e sábado pola mañá. Que aprenderei? como sacarlle rendemento a un souto. Aprenderás a podar, abonar, recoller, inxertar e todo o relacionado coa castaña. E farás as prácticas cos...

Curso en Touro de transformación do leite

Curso en Touro de transformación do leite

O día 26 de febreiro, dará comezo en Touro do Curso de Transformación do leite en produtos distintos do queixo de 40 horas de duración. O curso vai enfocado a facer unha introducción á fabricación de distintos produtos lácteos cos que dar valor engadido ó leite das...

Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia

Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia

Empeza xa Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia, que se celebrará en Melide esta fin de semana. Estas son algunhas das actividades que temos programadas: Sábado 16 ás 17:30, inauguración oficial á cargo da Conselleira do Medio Rural, dona Ánxeles Vázquez Sábado...

Remata con éxito o curso de elaboración de queixo

Remata con éxito o curso de elaboración de queixo

O alumnado do curso de elaboración de queixo rematou con éxito o curso, aprendendo os requisitos básicos da fabricación de queixo do país, así como as normas a cumplir para poder vendelo como Produtor Lácteo Tradicional e tamén para acollerse a etiqueta da...

O GDR ASIGNA FONDOS A DOUS PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE SANTISO

O GDR ASIGNA FONDOS A DOUS PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE SANTISO

Os 100.000 euros dispoñibles no Programa leader para este ano foron a parar ao Concello de Santiso. As tres iniciativas presentadas e aprobadas polo GDR pertencen a este concello. Dous dos proxectos eran para crear sendos locais sociais. Un deles cunha axuda concedida...

Curso de axudante de granxa

Curso de axudante de granxa

O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza un curso de Axudante de granxa cunha clara orientación ó emprego. Os membros de moitas explotacións leiteiras teñen dificultades para coller un día libre, mesmo nos eventos familiares, como vodas ou comunións, e tamén para...