O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza un curso de Axudante de granxa cunha clara orientación ó emprego. Os membros de moitas explotacións leiteiras teñen dificultades para coller un día libre, mesmo nos eventos familiares, como vodas ou comunións, e tamén para coller vacacións.
Para facerse responsable dunha granxa durante uns días fai falta coñecementos sobre os animais e sobre o funcionamento da explotación, coñementos que serán impartidos neste curso.
Ademais haberá unhas horas de formación dedicadas ás novas tecnoloxías no sector primario postas ó servicio do medio ambiente.
As clases teóricas serán impartidas nas instalacións de Melisanto, e aí se potenciará a relación entre titulares de explotacións e alumnado, nun primeiro contacto non formal que, esperemos, derive nunha relación contractual.
As prácticas se farán nas granxas que teñan necesidade deste servizo.
O obxectivo do curso é formar a 20 axudantes de granxa que posteriormente se empreguen neste servizo, ben como asalariados, ou ben por conta propia.
Camiños de Futuro
O próximo luns 11 de abril, na EFA Piñeiral de Arzúa terá lugar o evento "Camiño de Futuro", organizado conxuntamente pola Axencia Galega de Innovación, o IGAPE, o GDR Ulla Tambre Mandeo e o GDR Asdecomor. Este acto ten como obxectivo difundir os distintos...























