ESTRATEXIA PARTICIPATIVA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DO GDR ULLA TAMBRE MANDEO 2014-2020
Tras 40 reunións cos axentes públicos e privados do territorio, asociacións e expertos, o equipo técnico do GDR elaborou a estratexia participativa de desenvolvemento rural que presentou ante a Xunta de Galicia, e que foi aprobado pola Consellería de Medio Rural, e dotada con 3.256.000 euros para a xestión do Programa Leader no concello de Vilasantar e as comarcas de Arzúa e Melide.
Nesta estratexia márcanse os obxectivos fundamentais do territorio, e as accións a desenvolver para a súa consecución.
-
Crear emprego de calidade no rural
-
Mellorar a transformación, comercialización e imaxe, do leite e derivados lácteos e dos produtos agroalimentarios do territorio con marca propia.
-
Diversificar o sector agrario local cara outras actividades ou producións distintas do vacún de leite.
-
Mellora na calidade de vida das persoas maiores e/ou da poboación infantil ou contribución á igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres.
-
Desenvolvemento ambiental na economía local, orientada á redución do consumo de enerxía, a instauración de enerxías renovables, á redución do uso de materiais, da produción de residuos e da emisión de contaminantes á atmosfera e/ou auga
-
Impulsar á innovación e apoio á instauración de empresas tecnolóxicas e con forte potencial de crecemento.
-
Creación de produtos turísticos en torno ós elementos patrimoniais e naturais máis importantes do territorio, que melloren as vivencias dos visitantes e turistas.
-
Valoración económica de especies forestais galegas a través de usos e explotacións alternativas
ESTUDO SOCIOECONÓMICO DO TERRITORIO