A guía da flora e a fauna do territorio é unha extraordinaria mostra do que a natureza nos ofrece, tanto nos tres ríos que nos dan nome, Ulla Tambre e Mandeo, como nos montes, na Serra do Careón, e na Lagoa de Sobrado.

Esta guía non pretende ser un listado completo e pechado de tódalas especies,.Sería imposible recoller todo! Soamente é unha ventaniña a un entorno moitas veces descoñecido, unha invitación a gozar do que nos rodea. Entra e disfruta!!

 

A calidade das imaxes fai que o documento sexa moi pesado, polo que se a vas descargar, ten paciencia, pesa dous gigas. A espera merecerá a pena!

Guía da flora e a fauna locais. Usos e tradicións