No Ulla Tambre Mandeo poñemos en marcha un curso de formación destinado a coñecer as posibilidades ecolóxicas e produtivas susceptibles de implementarse en zonas Rede Natura 2000, como é o caso da Serra do Careón, a cal afecta ós ámbitos municipais de Santiso, Melide e Toques.

O obxectivo do mesmo é informar e formar convenientemente á poboación, en especial ás persoas que queiran aproveitar as terras afectadas por esta figura de forma productiva, sobre a normativa da Rede Natura e sobre as alternativas económicas e sustentables que poden poñer en práctica (usos forestais, cultivos, gando, sistemas mixtos agro e campo, plantacións para o sector da biotecnoloxía, etc); de xeito que poidan manter e aproveitar a propiedade e se evite o abandono.

O curso é de carácter gratuíto, financiado polas axudas Leader, convocadas pola Xunta de Galicia a través da Agader.

Tipo de formación e lugar: Presencial, no Telecentro Clun (Melide)

Nº de prazas: 15