O martes 5 de outubro celebrarase a "II Feira Virtual Camiños de Auga nas Terras do Ulla e Tambre" organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo. Un evento que se desenvolverá desde as 10:00 da mañá ata as 15:00 da tarde, e que un ano máis terá como principal obxectivo por en valor os recursos naturais e turísticos dos concellos de O Pino, Arzúa, Touro, Santiso, Vilasantar, Sobrado, Boimorto, Toques e Melide. 

O evento está adicado este ano a riqueza paisaxística e a biodiversidade das zonas naturais máis importantes do territorio: A Reserva da Biosfera en Sobrado dos Monxes, a Rede Natura na Serra do Careón e a ribeira do Ulla.
 
Na primeira parte da xornada, poñeranse en valor os recursos naturais e os atractivos turísticos e de ocio da man da experta en flora e fauna local, Tamara Franco. A segunda parte da xornada está destinada ás profesionais do sector turístico, que se poñerán en contacto coas axencias de viaxes a través de mesas de contratación enfocadas e dirixidas a comercialización.
 
As inscricións para asistir ao foro poderán realizarse ata a medianoite do domingo 3 de outubro. 
 
Pode inscribirse nesta xornada no seguinte enlace completando os datos que se lle solicitan:
https://forms.gle/ZrPkDvh8Wmfq6vss8