Ábrese hoxe o prazo de inscrición para asistir ás rutas ambientais, guiadas por un biólogo, que esta fin de semana se desenvolverán en O Pino e en Toques. Apto para tódolos públicos, percórrese unha pequena distancia (máximo 6 quilómetros), para a observación de flora e fauna e coñecer así os nosos ecosistemas.

O GDR da a coñecer a riqueza natural como un atractivo máis dentro do seu plan de dinamización turística, polo que durante as fins de semana do mes de setembro pon en marcha estas rutas ambientais, guiadas por persoal experto. A ruta é apta para tódolos públicos. A distancia máxima que se percorre é de 6 quilómetros. Hai 15 prazas.

 

 

No Ulla Tambre Mandeo poñemos en marcha un curso de formación destinado a coñecer as posibilidades ecolóxicas e produtivas susceptibles de implementarse en zonas Rede Natura 2000, como é o caso da Serra do Careón, a cal afecta ós ámbitos municipais de Santiso, Melide e Toques.

O obxectivo do mesmo é informar e formar convenientemente á poboación, en especial ás persoas que queiran aproveitar as terras afectadas por esta figura de forma productiva, sobre a normativa da Rede Natura e sobre as alternativas económicas e sustentables que poden poñer en práctica (usos forestais, cultivos, gando, sistemas mixtos agro e campo, plantacións para o sector da biotecnoloxía, etc); de xeito que poidan manter e aproveitar a propiedade e se evite o abandono.

O curso é de carácter gratuíto, financiado polas axudas Leader, convocadas pola Xunta de Galicia a través da Agader.

Tipo de formación e lugar: Presencial, no Telecentro Clun (Melide)

Nº de prazas: 15

O territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo pode presumir, sen lugar a dúbidas, dunha gran riqueza a nivel natural e medioambiental. Entre outros exemplos destacan: o río Ulla, con un ben conservado bosque autóctono; a Serra do Careón, zona protexida pola Rede Natura 2000 por mor da súa flora endémica e as súas características naturais e, tamén, a lagoa de Sobrado, integrante da declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, un espectáculo para a observación dun gran número de aves migratorias que a usan como refuxio.

O GDR pretende sumar esta riqueza natural como un atractivo máis dentro do seu plan de dinamización do destino turístico do Ulla Tambre Mandeo, apoiado este ano pola Deputación de A Coruña, polo que durante os fins de semana do mes de setembro poñerá en marcha nove rutas ambientais, unha por cada concello, guiadas por persoal experto no que os participantes poderán gozar coñecendo e valorando a flora e fauna autóctonas. Do mesmo xeito, está previsto que a principios do mes de outubro, teña lugar un maratón ornitolóxico, coincidindo coa visita das aves migratorias de inverno, unha actividade espectacular en plena natureza,  estupenda para pequenos e maiores.

As primeiras rutas desta campaña terán lugar en Vilasantar e en Touro.