
Curso atención ó cliente

A guía da flora e a fauna do territorio é unha extraordinaria mostra do que a natureza nos ofrece, tanto nos tres ríos que nos dan nome, Ulla Tambre e Mandeo, como nos montes, na Serra do Careón, e na Lagoa de Sobrado.
Esta guía non pretende ser un listado completo e pechado de tódalas especies,.Sería imposible recoller todo! Soamente é unha ventaniña a un entorno moitas veces descoñecido, unha invitación a gozar do que nos rodea. Entra e disfruta!!
A calidade das imaxes fai que o documento sexa moi pesado, polo que se a vas descargar, ten paciencia, pesa dous gigas. A espera merecerá a pena!
Guía da flora e a fauna locais. Usos e tradicións
Onde? En Santiso
Cando? Dende febreiro, unha fin de semana ó mes. Venres tarde e sábado pola mañá.
Que aprenderei? como sacarlle rendemento a un souto. Aprenderás a podar, abonar, recoller, inxertar e todo o relacionado coa castaña. E farás as prácticas cos castiñeiros, para que o leves ben aprendido!
Como me anoto? chamando ó GDR: 981 511 377
O día 26 de febreiro, dará comezo en Touro do Curso de Transformación do leite en produtos distintos
do queixo de 40 horas de duración.
O curso vai enfocado a facer unha introducción á fabricación de distintos produtos lácteos cos que dar valor engadido ó leite das nosas vacas galegas. Así aprenderemos como é o proceso de fabricación de produtos como o requeixo, o "petit suisse", iogures, batidos, nata, manteiga, kéfir e outros. A metade das horas estarán adicadas á teoría sobre as propiedades do leite, composición, microbioloxía, pasteurización, hixiene, fermentos e outros aspectos fundamentais na fabricación.
Outras vinte horas serán prácticas e levaranse a cabo en distintas instalacións, para "meter as mans no leite" e probar realmente a fabricar estes produtos. Unha das instalacións nas que se levará a cabo a fabricación será o obradoiro de Gur Gur, iogur tradicional dunha gandería de Bama, en Touro.