Empeza xa Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia, que se celebrará en Melide esta fin de semana. 

Estas son algunhas das actividades que temos programadas:

  • Sábado 16 ás 17:30, inauguración oficial á cargo da Conselleira do Medio Rural, dona Ánxeles Vázquez
  • Sábado 16, as 18:00 horas, Degustación gratuíta de chocolate con Melindres de Melide na carpa da Feira.
  • Sábado 16, degustacións na Foodtruck promocional da Feira.
  • Domingo 17, as 12:00 horas, showcooking á cargo de Yayo Daporta, Estrela Michelín, na carpa da Feira.

Á nosa food truck está xa recorrendo Galicia para dar a coñecer os manxares do UTM. Anímate e ven a probalos!

Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo

Edificio do antigo centro médico
Avda. de Lugo, 41 O Pedrouzo-Arca
15821 O Pino
Teléfono: 981 511 377

En Melide, a fin de semana do 16 e 17 de decembro, celebrarase como cada ano, MANXARES, FEIRA AGROALIMENTARIA DE GALICIA, que vai pola súa sexta edición.

Ata o día 5 de decembro ábrese o prazo para a inscrición das industrias agroalimentarias locais que queiran expoñer os seus produtos na feira.

Para todas aquelas empresas interesadas teremos un stand de 3x2 metros, con un mostrador e conexión eléctrica, que ofrecemos de forma totalmente gratuíta. Ademais, faranse diversas actuacións de promoción durante os días previos, nas principais vilas de Galicia, nas que se lle dará publicidade ós produtos que se expoñen na feira.

Se queres participar incríbete no correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

O alumnado do curso de elaboración de queixo rematou con éxito o curso, aprendendo os requisitos básicos da fabricación de queixo do país, así como as normas a cumplir para poder vendelo como Produtor Lácteo Tradicional e tamén para acollerse a etiqueta da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa. O curso rematou o venres 6 de outubro cunha visita á aula de produtos lácteos da USC en Lugo, onde se ensinaron as novas tecnoloxías ó servizo da industria agroalimentaria local. Este curso forma parte dunha serie de actuacións que o GDR leva a cabo para a valorización do leite galego.

Esta é a terceira reunión do GDR en pouco máis dun mes, para aprobar subvencións Leader. Nas dúas primeiras aprobáronse os proxectos de carácter non produtivo, solicitadas por concellos e por asociacións sin ánimo de lucro.

Nesta terceira reunión, a Xunta Directiva do GDR aprobou 12 proxectos empresariais, ben de posta en marcha de negocios, ben de ampliación e modernización de actividades que xa están en funcionamento. En total, para os 9 concellos do GDR (Vilasantar, Comarca de Arzúa e Comarca de Melide) asignáronse 452,335 euros de axuda que supoñen un investimento no territorio de 1,5 millóns de euros. Os proxectos aprobados descríbense a continuación:

 

Gandería de Sobrado dos Monxes

  • Dúas pensións no Camiño Norte, unha delas en Boimorto e outra en Sobrado, que compaxinará o aloxamento de peregrinos coa participación dos hóspedes na actividade do cultivo de shiitake e recolección de setas e castañas.
  • Tamén en Sobrado, unha panadaría que xa está en funcionamento, fará ás inversións necesarias para aproveitar a calor residual do forno para a elaboración de doces, ampliando así a gama de produtos á venda.
  • Unha explotación gandeira de vacas de carne que na actualidade, ante a falta de tendido eléctrico, abastécese cun xerador, porá enerxías renovables para substituílo no concello de O Pino.
  • En Boimorto hai un pequeno proxecto de plantación de maciñeiras para sidra.
  • Tanto en Arzúa como en Melide poranse en marcha negocios de lavadoras de moedas, tipo autoservizo, anque en Arzúa un negocio contará tamén con servizo de tinturería.
  • En Arzúa, unha tenda de roupa de deporte ampliará o negocio para poñer artesanía fabricada por eles mesmos, con selo de Artesanía de Galicia.
  • En Melide un embotellador de licores con marca propia, encargarase, a partir de agora, da elaboración nas súas instalacións dos seus propios licores, mellorando a calidade dos produtos e a rendibilidade do negocio.
  • Tamén en Melide financiarase a creación dun tanatorio, posto que ata o de agora só existía o servizo de velorio municipal.
  • Por último, unha empresa de construción de Vilasantar, adquirirá unha máquina que serviralles para mellorar o rendimento do negocio, ser máis eficaz e aforrar tempo.

Estado actual e futuro da pensión en Sobrado dos Monxes