O GDR Ulla Tambre Mandeo aproba dezaoito proxectos que suman máis de tres millóns de euros de investimento no territorio

  • Financiará dous proxectos a concellos, outros dous a asociacións sen ánimo de lucro e catorce proxectos que nacen da iniciativa privada o que supoñerá un total de máis de 1.092.035,22 € de axuda Leader
  • Desagregado por categorías, os proxectos de iniciativa privada supoñerán unha subvención de 676.253,37 €, os dirixidos a entidades públicas, é dicir, concellos, un total de 238.853,11 € e finalmente as axudas para o terceiro sector un total de 176.928,74 €

A Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo celebrada o pasado 29 de setembro deu luz verde aos proxectos de investimento das axudas LEADER no territorio dos 9 concellos onde opera este Grupo de Desenvolvemento Rural por importe total de 3.3031.658 € de investimento, o que dá conta da importancia deste programa europeo para os concellos e as iniciativas empresariais no rural do interior da provincia da Coruña.

En concreto, o GDR subvencionará dezaoito proxectos, entre os que destacan dous relativos a concellos onde os beneficiarios serán o Concello de Boimorto e o Concello de Toques, este último cunha resolución parcial de fondos. Ambas entidades locais poderán así executar obras que supoñan a ampliación da residencia da 3º idade de Boimorto así como a posta en marcha, no seu caso, dunha vivenda social no concello de Toques.

En canto aos proxectos de iniciativa privada, o GDR subvencionará catorce iniciativas das dezaseis iniciais presentadas cunha axuda pública de 676.253,37 €, o que supoñerá a súa vez un investimento privado de 2.324.689,37 € no territorio. Nesta categoría hai proxectos de toda índole; financiarase unha pensión de dúas estrelas en Sendelle, Boimorto; a ampliación dos servizos do centro ecuestre do Marco das Pías en Sobrado; unha instalación lúdico-infantil en Melide; un centro de benestar equino no concello de Arzúa; a instalación dun crematorio no parque empresarial arzuán; melloras técnicas de maquinaria en empresas de Arzúa e Melide; a ampliación dun taller de maquinaria agrícola en Toques e a ampliación dunha iniciativa do comercio ao por maior no rural no concello de Vilasantar.

En canto aos proxectos relativos a asociacións, destaca a iniciativa promovida pola Asociación Vacaloura Santuario Animal, que propón unha renovación medioambiental circular da auga da protectora, que supoñerá un investimento de 181.372 euros cunha porcentaxe de axuda de case o 89% dos fondos. Cunha asignación parcial dos fondos queda outro proxecto punteiro, Vilasantar Enerxía, de creación dunha comunidade enerxética veciñal no Concello de Vilasantar.

O programa Leader demostra así un ano máis a súa madurez no territorio e a necesidade de que Europa sigan a financiar este tipo de programas nos concellos rurais como aqueles nos que opera o GDR Ulla Tambre Mandeo co fin de promocionar novas oportunidades de negocio e de emprendemento, ademais de mellorar a vida dos veciños dende o ámbito municipal.

Xuntanza de Comunidades Enerxéticas

O GDR Ulla Tambre Mandeo mantén diferentes programas de cooperación con outros grupos de desenvolvemento rural, e aproveitou a xunta directiva desta mañá para realizar unha charla informativa sobre as comunidades enerxéticas e a posibilidade de implantación no territorio. En concreto, a comunidade de montes de Boimil foi unha das entidades convidadas mostrando o seu interese pola iniciativa. O GDR actúa como axente dinamizador deste tipo de iniciativas mediante o proxecto de cooperación Redenerxía.

 

 – Outras entradas –

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

II Foro Virtual «Camiños de Auga nas Terras de Ulla e Tambre»

O martes 5 de outubro celebrarase a "II Feira Virtual Camiños de Auga nas Terras do Ulla e Tambre" organizada polo GDR Ulla Tambre Mandeo. Un evento que se desenvolverá desde as 10:00 da mañá ata as 15:00 da tarde, e que un ano máis terá como principal obxectivo por...

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

Curso usos agrarios e forestais en Rede Natura 2000

No Ulla Tambre Mandeo poñemos en marcha un curso de formación destinado a coñecer as posibilidades ecolóxicas e produtivas susceptibles de implementarse en zonas Rede Natura 2000, como é o caso da Serra do Careón, a cal afecta ós ámbitos municipais de Santiso, Melide...

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

Rutas ambientais no Ulla Tambre Mandeo

O territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo pode presumir, sen lugar a dúbidas, dunha gran riqueza a nivel natural e medioambiental. Entre outros exemplos destacan: o río Ulla, con un ben conservado bosque autóctono; a Serra do Careón, zona protexida pola Rede Natura...

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

Presentación da “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”

La Junta Directiva del Grupo de Desarrollo Rural Ulla, Tambre y Mandeo, presentó la “Guía de flora y fauna, usos y costumbres”, con el fin de dar a conocer el patrimonio natural, etnográfico y cultural del territorio. La guía constituye un trabajo de investigación y...

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

Guia turística e Xeodestino Terras de Santiago

A xunta directiva reuniuse na feira de Arzúa para presentar a nova guía turística do Ulla e o Tambre elaborada polo GDR como acto promocional do Xeodestino Terras de Santiago para ordear e dar a coñecer os principais recursos turísticos dos nove concellos nos que...

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR UTM SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES

EL GDR ULLA TAMBRE MANDEO SUBVENCIONA CUATRO NUEVOS PROYECTOS MUNICIPALES Si en el mes de junio le tocaba el turno a los proyectos empresariales, con la concesión de ayudas por un importe de 450.000 euros a 5 proyectos (recordamos: una pensión en el Camino Norte de O...

Curso atención ó cliente

Curso atención ó cliente

O GDR Ulla Tambre Mandeo abre o prazo de inscrición para o curso de atención ó cliente que ten por obxectivo mellorar a calidade na atención ó visitante cunha comunicación eficaz, que transmita ás persoas que nos visitan os valores do territorio como destino...

Guía da flora e a fauna locais

Guía da flora e a fauna locais

A guía da flora e a fauna do territorio é unha extraordinaria mostra do que a natureza nos ofrece, tanto nos tres ríos que nos dan nome, Ulla Tambre e Mandeo, como nos montes, na Serra do Careón, e na Lagoa de Sobrado. Esta guía non pretende ser un listado completo e...

Curso de produción de castaña de calidade

Curso de produción de castaña de calidade

Onde? En Santiso Cando? Dende febreiro, unha fin de semana ó mes. Venres tarde e sábado pola mañá. Que aprenderei? como sacarlle rendemento a un souto. Aprenderás a podar, abonar, recoller, inxertar e todo o relacionado coa castaña. E farás as prácticas cos...

Curso en Touro de transformación do leite

Curso en Touro de transformación do leite

O día 26 de febreiro, dará comezo en Touro do Curso de Transformación do leite en produtos distintos do queixo de 40 horas de duración. O curso vai enfocado a facer unha introducción á fabricación de distintos produtos lácteos cos que dar valor engadido ó leite das...

Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia

Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia

Empeza xa Manxares Feira Agroalimentaria de Galicia, que se celebrará en Melide esta fin de semana. Estas son algunhas das actividades que temos programadas: Sábado 16 ás 17:30, inauguración oficial á cargo da Conselleira do Medio Rural, dona Ánxeles Vázquez Sábado...

Remata con éxito o curso de elaboración de queixo

Remata con éxito o curso de elaboración de queixo

O alumnado do curso de elaboración de queixo rematou con éxito o curso, aprendendo os requisitos básicos da fabricación de queixo do país, así como as normas a cumplir para poder vendelo como Produtor Lácteo Tradicional e tamén para acollerse a etiqueta da...

O GDR ASIGNA FONDOS A DOUS PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE SANTISO

O GDR ASIGNA FONDOS A DOUS PROXECTOS NON PRODUTIVOS DE SANTISO

Os 100.000 euros dispoñibles no Programa leader para este ano foron a parar ao Concello de Santiso. As tres iniciativas presentadas e aprobadas polo GDR pertencen a este concello. Dous dos proxectos eran para crear sendos locais sociais. Un deles cunha axuda concedida...

Curso de axudante de granxa

Curso de axudante de granxa

O Grupo de Desenvolvemento Rural organiza un curso de Axudante de granxa cunha clara orientación ó emprego. Os membros de moitas explotacións leiteiras teñen dificultades para coller un día libre, mesmo nos eventos familiares, como vodas ou comunións, e tamén para...