Formación agroalimentaria
Formación para fabricación «caseira» de queixo
Este curso de formación ten como obxectivo principal capacitar aos alumnos no proceso de elaboración de queixos caseiros a partir de leite cru, así como nos requisitos esenciais para que os seus produtos poidan ser comercializados de maneira segura e hixiénica.
Con esta formación, búscase dotar ás familias agrarias de novas fontes de ingresos, así como fomentar a posta en marcha de actividades complementarias de transformación nas explotacións de vacún de leite convencionais, o que lles permitirá diversificar a súa actividade e mellorar a rendibilidade.
Formación de produtos Lácteos
As persoas participantes aprenden a elaborar requeixo, iogures e xeados artesáns, combinando técnicas tradicionais e modernas. A iniciativa busca poñer en valor os produtos lácteos do rural galego, promovendo o autoemprego e a economía local. Unha experiencia enriquecedora que desperta interese pola transformación sostible do leite.
Empaquetado de productos agroalimentarios
Neste curso exploramos formas innovadoras e sostibles de empaquetar rosquillas, embutidos, mel, queixo e outros produtos locais. O obxectivo é mellorar a presentación, conservar a calidade e destacar no mercado. Os participantes aprenden a crear envases atractivos que reforzan a identidade do produto e facilitan a súa venda.
Formación para elaboración de conservas
Nesta formación ensinamos a conservar produtos da terra como mel, verduras e hortalizas en envases de cristal, utilizando métodos artesáns e seguros. O curso promove o aproveitamento da produción local, a redución do desperdicio alimentario e a creación de produtos con valor engadido. As persoas participantes aprenden técnicas de esterilización, envasado e etiquetado, co obxectivo de conservar o sabor e a calidade durante máis tempo.











