GDR Ulla Tambre Mandeo
O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia na xestión da medida Leader para o período 2023-2027 nos concellos de Arzua, Boimorto, Touro, O Pino, Vilasantar, Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes.

Orzamento
O orzamento total Leader para o período 2023-2027 do GDR Ulla Tambre Mandeo ascende a 2.509.603,49 euros. O financiamento é fundamentalmente de Europa:
Aportación
Fondos
Porcentaxe
FEADER
2.004.072,90 €
80%
XUNTA
100.203,65 €
4%
ESTADO
400.814,58 €
16%
TOTAL
2.505.091,13 €
100%
gasto público da estratexia
Este orzamento repártese en tres convocatorias de axudas para proxectos produtivos de empresas ou autónomos que queiran facer investimentos para ampliar os seus negocios, ou emprendedores que inicien unha nova actividade. As axudas consisten nunha porcentaxe sobre o total dos investimentos.
Ademais, para pequenos proxectos, o bono activa rural, financia con 18.000 euros aquelas pequenas iniciativas de novos emprendedores e emprendedoras, sen necesidade de xustificar o investimento inicial.
Unha parte do orzamento destínase a subvencionar proxectos non produtivos de concellos e asociacións.
As convocatorias de axuda terán o orzamento recollido no cadro financeiro:
TIPO PROXECTO
Produtivos
NP (EPL) *
NP (asociacións)
TOTAL
2025
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
2026
180.597,54
58.346,90
38.897,93
277.842,37
TOTAL
361.195,08
116.693,80
77.795,86
555.684,74
%
65,00%
21,00%
100%
* Non produtivos (entidades públicas locais)
Obxectivos
Os proxectos deben ir enfocados a acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo, que se recollen na estratexia de desenvolvemento local.
A porcentaxe de axuda que lle corresponde a cada proxecto ven definido por un baremo aprobado pola asamblea xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo:
Para acadar os obxectivos do GDR Ulla Tambre Mandeo recollidos na Estratexia de desenvolvemento Local determínanse que actividades se subvencionan e cales non.
O Territorio do GDR Ulla, Tambre, Mandeo
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla, Tambre, Mandeo traballa para fomentar o desenvolvemento sostible do territorio, apoiando proxectos que dinamizan a economía local, impulsan o emprendemento e melloran a calidade de vida da veciñanza.
Actuamos nunha área formada por 9 concellos, onde promovemos iniciativas innovadoras en sectores como o turismo, a agroindustria, o patrimonio e os servizos sociais. O noso compromiso é coa xente e co futuro do rural galego.

Proxectos Realizados
Emprendedores Satisfeitos
Concellos Colaboradores
Subvencións Publicadas
Breve animación explicativa da iniciativa europea DLP
Actualidade da nosa comarca
I DESAFÍO GRAVEL EN TOQUES
O GDR Ulla Tambre Mandeo clausurou este sábado en Toques o I Desafío Gravel, que contou con máis de 350 participantes nesta primeira edición. O GDR contou no evento coa colaboración do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa, e coa furgoneta de Galicia Sabe AMar da...
Tracks de Jravelón e Jraveliña para mañá 27 de setembro
Mañá remata este I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre coa celebración das rutas cicloturistas de Toques, Melide e Sobrado; esta vez con rutas de maior dureza. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para prepararvos! E lembrade: non é unha competición,...
Bases de contratación de persoal técnico
O martes 23 de setembro de 2025 abre o prazo para presentarse ó posto de técnico/a de proxectos para a execución da intervención Leader no GDR Ulla Tambre Mandeo. O prazo estará aberto 25 días naturais (ata o día 17 de outrubro incluído). Consulta aquí as bases e...
I Desafío Gravel do GDR en Boimorto
Este sábado 13 de setembro, o GDR reuniu a máis de 250 persoas en Boimorto, para o primeiro desafío gravel Ulla Tambre Mandeo. A nosa presidenta, Chus Novo, foi a encargada de abrir o desafío, participando coa súa familia e completando con éxito a ruta, xunto co resto...
Tracks de Jravelón e Jraveliña para este 13 de setembro
Xa está aquí o comezo do I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre! Este sábado estreámonos coa celebración das rutas cicloturistas de Boimorto, Arzúa e Vilasantar. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para ir anticipando emocións! Jraveliña Jravelón Vémonos...
Breogán Calviño e David Amor xa están probando o terreo do I Desafío Gravel Ulla Tambre
O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza nos fins de semana do 13 e 27 de setembro o I Desafío Gravel Ulla Tambre, coa celebración de dúas rutas cicloturistas en cada un deles: unha Jraveliña para os recén iniciados na bicicleta e un Jravelón, para os que xa controlan de...
GDR Ulla, Tambre, Mandeo
Cooperación
Animación
Formación
Recursos
Grupo Desenvolvemento rural
ULLA TAMBRE MANDEO
Os Nosos Proxectos
Historias de éxito, crecemento e tradición. Descubre as iniciativas que transforman a nosa comarca.
LEADER
A túa idea ten futuro. Acompañámoste na procura de subvencións do programa LEADER para facela realidade.
Asóciate
Forma parte do cambio. Únete á nosa rede para impulsar xuntos o futuro da comarca.