Novas
Benvidos á nosa sección de noticias! Aquí atoparás as últimas novidades, proxectos e información relevante do GDR. Estade atentos para non perder nada!
Impulso da transformación dixital do Camiño Norte e do Eurovelo 3 co proxecto ‘Camiño do Norte Virtual’
O GDR participa xunto a outros dous Grupos de Desenvolvemento Rural galegos nunha innovadora iniciativa de cooperación que aplicará ferramentas dixitais, experiencias 360° e cartografía interactiva para dinamizar e poñer en valor o patrimonio, os recursos turísticos e...
Vilasantar acolle unha xornada informativa sobre a súa comunidade enerxética no marco de Redenerxía
A xuntanza celebrarase o xoves 5 de novembro, ás 20.00 horas, na Cámara Agraria de Présaras, para achegar á veciñanza as posibilidades da enerxía comunitaria. O GDR Ulla Tambre Mandeo convida á veciñanza a participar na xornada informativa sobre a Comunidade...
O GDR Ulla Tambre Mandeo participa en Espazos Efémeros II para impulsar o comercio e o emprendemento rural
A iniciativa de cooperación arrancou en Tui e prevé a creación dun espazo de venda e dinamización no territorio Ulla Tambre Mandeo. O GDR Ulla Tambre Mandeo participa na segunda edición de Espazos Efémeros, un proxecto de cooperación que une os grupos de...
O GDR Ulla Tambre Mandeo aproba dezaoito proxectos que suman máis de tres millóns de euros de investimento no territorio
Financiará dous proxectos a concellos, outros dous a asociacións sen ánimo de lucro e catorce proxectos que nacen da iniciativa privada o que supoñerá un total de máis de 1.092.035,22 € de axuda Leader Desagregado por categorías, os proxectos de iniciativa privada...
O GDR Ulla Tambre Mandeo participa no I Encontro de comunidades enerxéticas de Galicia
O GDR Ulla Tambre Mandeo participou en Moeche no I Encontro de Comunidades Enerxéticas de Galicia, unha iniciativa desenvolvida no marco do proxecto de cooperación Redenerxía, no que traballamos conxuntamente cos GDR Seitura 22, Terra Chá e Terras de Miranda. O...
Xílgaro leva a música de raíz e o talento das novas xeracións ao Festival de la Luz
O alumnado dos cinco centros educativos participantes no proxecto compartiu o escenario de Interritmos cos grupos de música tradicional que o acompañaron durante os últimos meses. [video width="1276" height="720"...
XÍLGARO proxecto de cooperación que achega os coles ó Festival de la Luz
O GDR Deloa como coordinador, xunto coa Fundación Paideia, o GDR Ribeira Sacra e o noso GDR Ulla Tambre Mandeo, estamos a desenvolver o proxecto de cooperación Xílgaro, co obxectivo de fortalecer a...
O II Desafío Gravel Ulla Tambre Mandeo pecha cun éxito rotundo de participación e promoción do territorio
O II Desafío Gravel Ulla Tambre Mandeo concluíu o pasado sábado en Vilasantar e Sobrado dos Monxes cun notable éxito de participación e consolidándose como unha das citas de referencia do calendario gravel galego. A iniciativa, impulsada polo GDR Ulla Tambre Mandeo,...
O II Desafío Gravel Ulla Tambre Mandeo reúne en Touro ao mellor gravel de Galicia
O Concello de Touro converteuse o pasado sábado no epicentro do gravel galego coa celebración do II Desafío Gravel Ulla-Tambre-Mandeo, unha cita deportiva e de promoción do territorio que reuniu preto dun cento de participantes chegados de diferentes puntos de...
II Desafío Gravel Ulla Tambre
O GDR Ulla Tambre Mandeo presentou na área recreativa de Brandelos, no Concello de Touro, a II edición do Desafío Gravel BTT Ulla Tambre. Trátase dunha cita imprescindible para os amantes do ciclismo gravel e da natureza. A primeira cita do desafío será o 30 de maio,...
AXUDAS LEADER: PRAZO DE SOLICITUDE ABERTO
Está aberto o prazo para a solicitude de axudas Leader no GDR Ulla Tambre Mandeo, dentro do plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC). A convocatoria estrutúrase en tres anualidades (2026, 2027, 2028) para a realización dos investimentos e posta en marcha dos...
O GDR Ulla Tambre Mandeo celebra a súa Asemblea Xeral
O pasado martes, 27 de xaneiro de 2026, na Escola de Agricultura Ecolóxica de Vilasantar, tivo lugar a celebración da Asemblea Xeral do GDR Ulla Tambre Mandeo. Con carácter previo á mesma, tamén se celebrou unha reunión da Xunta Directiva onde se acordou a solicitude...
Resolución de axudas Leader 2025-2026
No día de onte Agader notificou a resolución de axuda a tódolos promotores Leader da convocatoria 2025-2026 do GDR Ulla Tambre Mandeo. A Presidenta do GDR, dona Chus Novo, estableceu xunto co equipo técnico as accións a desenvolver de cara a apertura...
A Xunta Directiva selecciona as iniciativas produtivas beneficiarias dunha axuda Leader
O luns 13 de outubro de 2025 a Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo reuniuse na Fundación Amparo Varela Ron, en Toques, co obxectivo fundamental de aprobar os proxectos produtivos (de empresas) da convocatoria Leader 2025-2026 e asignar os fondos sobrantes aos...
O GDR PREPÁRASE PARA UNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS NO 2026
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo anuncia a próxima convocatoria das axudas LEADER 2026, unha oportunidade única para apoiar iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico, social e ambiental do territorio. Estas axudas están dirixidas a...
I DESAFÍO GRAVEL EN TOQUES
O GDR Ulla Tambre Mandeo clausurou este sábado en Toques o I Desafío Gravel, que contou con máis de 350 participantes nesta primeira edición. O GDR contou no evento coa colaboración do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa, e coa furgoneta de Galicia Sabe AMar da...
Tracks de Jravelón e Jraveliña para mañá 27 de setembro
Mañá remata este I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre coa celebración das rutas cicloturistas de Toques, Melide e Sobrado; esta vez con rutas de maior dureza. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para prepararvos! E lembrade: non é unha competición,...
Bases de contratación de persoal técnico
O martes 23 de setembro de 2025 abre o prazo para presentarse ó posto de técnico/a de proxectos para a execución da intervención Leader no GDR Ulla Tambre Mandeo. O prazo estará aberto 25 días naturais (ata o día 17 de outrubro incluído). Consulta aquí as bases e...
I Desafío Gravel do GDR en Boimorto
Este sábado 13 de setembro, o GDR reuniu a máis de 250 persoas en Boimorto, para o primeiro desafío gravel Ulla Tambre Mandeo. A nosa presidenta, Chus Novo, foi a encargada de abrir o desafío, participando coa súa familia e completando con éxito a ruta, xunto co resto...
Tracks de Jravelón e Jraveliña para este 13 de setembro
Xa está aquí o comezo do I Desafío Gravel/MB Ulla Tambre! Este sábado estreámonos coa celebración das rutas cicloturistas de Boimorto, Arzúa e Vilasantar. Aquí tedes dispoñibles os tracks de Jravelón e Jraveliña para ir anticipando emocións! Jraveliña Jravelón Vémonos...
Breogán Calviño e David Amor xa están probando o terreo do I Desafío Gravel Ulla Tambre
O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza nos fins de semana do 13 e 27 de setembro o I Desafío Gravel Ulla Tambre, coa celebración de dúas rutas cicloturistas en cada un deles: unha Jraveliña para os recén iniciados na bicicleta e un Jravelón, para os que xa controlan de...
Presentación do I Desafío Gravel Ulla Tambre
Dona Chus Novo, alcaldesa de Boimorto e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo estivo xunto con outros membros da xunta directiva e co equipo técnico, presentando na igrexa románica de Sendelle en Boimorto, o I Desafío Gravel Ulla Tambre....
O GDR celebra a Asemblea Xeral
Esta semana o GDR Ulla Tambre Mandeo celebrou a súa asemblea xeral no Hotel A Curuxa de Arzúa. Ademais de aprobar as contas e actividades do 2024, ratificáronse as actuacións que se van levar a cabo neste 2025. Entre outras accións, o GDR seguirá apostando polo...
Convocatoria de Axudas LEADER
Hoxe publícase no DOG a convocatoria de axudas Leader do GDR Ulla Tambre Mandeo e o resto de GDR de Galicia. O prazo de presentación é dun mes. Están dirixidas a tódalas persoas interesadas en solicitar unha axuda Leader no territorio deste GDR (Arzúa, Boimorto,...
Camiños de auga sobre Rodas
Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o...
Camiños de auga sobre rodas
INSCRÍBETE AQUÍ Ruta polo Concello de Toques Sitio de saída: Campo da Festa de Brañas (43.004159, -7.946304) Percorrido: 20 kms Duchas : Pavillón municipal (42.967696, -7.974073) Lavado de bicicletas no mesmo punto de saída e chegada Descarga a ruta Ruta...
Presentación das rutas cicloturistas “Camiños de Auga sobre rodas”
Na Igrexa románica de Santa María de Mezonzo, no Concello de Vilasantar, O GDR Ulla Tambre Mandeo presentou esta mañá unha serie de sete rutas de cicloturismo baixo o título “Camiños de Auga sobre rodas”, que percorrerán os oito concellos do xeodestino. Ao acto...
Chus Novo, alcaldesa de Boimorto, nova presidenta do GDR
A nova presidenta do GDR, Chus Novo, Alcaldesa de Boimorto, asume o cargo coa responsabilidade de xestionar o novo Leader 2023-2027, iniciado o pasado 7 de agosto coa sinatura do convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Medio Rural e o GDR Ulla Tambre...
APROBADA A ESTRATEXIA DO GDR PARA O PERIODO LEADER 2023-2027
O GDR Ulla Tambre Mandeo foi seleccionado como entidade colaboradora da Xunta de Galicia para a xestión do Programa Leader 2023-2027. Que o territorio se beneficie dun novo período de axudas Leader é grazas á participación de toda a cidadanía na elaboración da...
2ª FASE DA REDACCIÓN DA ESTRATEXIA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL 2023-2027
O GDR Ulla Tambre Mandeo afronta neste 2023 a redacción da segunda fase da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027. Nesta segunda fase o que se busca é fixar tanto os obxectivos estratéxicos a partir da diagnose socioeconomica realizada, como o plan de acción...
PARTICIPA CUBRINDO A ENQUISA!
O GDR lanza un último proceso participativo para determinar os obxectivos, o baremo e o plan de acción que guiarán o Programa Leader 2023-2027. Tanto a través desta enquisa como na Asemblea Xeral que se celebrará nuns días, definiranse os obxectivos do novo Leader, o...
Convocatoria de axudas Leader 2023-2024
Hoxe publícase no DOG a nova convocatoria de axudas Leader 2023-2024. O GDR Ulla Tambre Mandeo conta con 605.646,38 euros nesta nova convocatoria para o financiamento de proxectos no territorio. Se estás pensando en montar a túa empresa... Se tes un negocio e queres...
Novas citas para a elaboración da estratexia rural 2023-2027 do GDR
Nos próximos días tes a ocasión de debatir como axente do noso territorio, e contribuír coa túa opinión ó rural que queres 2030! Apúntate a unha dos próximos eventos que organiza o GDR escribíndonos un correo a leader@gdrullatambremandeo.gal ou cubre a nosa enquisa...
As imaxes da exposición Camiños de Auga cédense un ano para exposición nos establecementos do territorio
Abre hoxe o prazo para que establecementos de aloxamento e hostalaría soliciciten unha fotografía da exposición Camiños de Auga, que o GDR cederá gratuítamente durante un ano. A exposición Camiños de Auga, de fotográfos destacados da nosa contorna, leva máis dun ano...
Avances no proceso participativo para a elaboración da estratexia de desenvolvemento local 2023-2027
O GDR leva xa varios meses traballando no desenvolvemento dunha estratexia participativa para o rural, mediante mesas de traballo, entrevistas individuais e enquisas. Compartimos con vos algunhas imaxes do proceso participativo e recordámosvos que temos aberta a...
O Grupo de Desenvolvemento Rural necesítate, participa!
O Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo é unha asociación sen ánimo de lucro que busca o desenvolvemento rural sostible nas comarcas de Arzúa e Melide e no concello de Vilasantar, principalmente, a través da xestión da medida Leader. Na súa Asemblea Xeral...
A exposición fotográfica “Camiños de Auga” poderá visitarse en Vilasantar ata o próximo día 20 de xuño
O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza esta exposición de gran formato ó aire libre. Unha interesante mostra coas 30 mellores imaxes do territorio do GDR (Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar). A mostra, que foi inaugurada hoxe polo...
Camiños de Futuro
O próximo luns 11 de abril, na EFA Piñeiral de Arzúa terá lugar o evento "Camiño de Futuro", organizado conxuntamente pola Axencia Galega de Innovación, o IGAPE, o GDR Ulla Tambre Mandeo e o GDR Asdecomor. Este acto ten como obxectivo difundir os distintos...
MARATÓN ORNITOLÓXICO
A última sorpresa do ano é a celebración dun maratón ornitolóxico, que levaremos a cabo os días 8 e 9 de outubro. Apto para todos os públicos, expertos ornitólogos, afecionados e non iniciados, público infantil e adulto, persoas, grupos e familias. Esta é a actividade...






































