Cursos de usos alternativos do monte
Curso de aproveitamento de soutos
Nesta formación poñemos en valor a castaña como produto de calidade, aproveitando o potencial dos soutos. As persoas participantes aprenden técnicas de cultivo dos castiñeiros. O curso fomenta o desenvolvemento rural sostible, a recuperación dos soutos e a creación de iniciativas agroalimentarias baseadas nun recurso natural e tradicional de gran valor.
Curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque
O curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque ten como obxectivo promover o coñecemento práctico sobre a produción sostible destas especies, aproveitando os recursos naturais e o potencial do medio rural. As persoas participantes aprenden técnicas de cultivo, coidado, recolección. Como resultado, adquiren habilidades para diversificar a actividade agraria, poñer en valor produtos con alta demanda e impulsar pequenos proxectos de emprendemento local.
Curso de usos alternativos do monte en Rede Natura
Este curso ofrece unha formación completa arredor do aproveitamento sostible dos recursos naturais do monte, con sesións prácticas e teóricas. Abrangue temas como a apicultura, a produción e recolección de cogomelos e froitos silvestres, a comercialización en espazos protexidos (Rede Natura 2000), e alternativas de xestión en montes veciñais en man común.
Curso de cultivo de té e nogueira
Este curso ofrece unha formación práctica e innovadora sobre o cultivo de camelia sinensis para producir té e de nogueiras. Dúas producións con gran potencial no rural galego. As persoas participantes aprenden técnicas de plantación, manexo e recolección, así como aspectos clave sobre adaptación o clima e coidado do solo. O obxectivo é diversificar os cultivos, fomentar a sustentabilidade e abrir novas oportunidades de mercado para produtores locais.














