Cursos para profesionais do turismo

Cursos para profesionais do turismo

QUE É?

Esta é unha oferta formativa dirixida a profesionais e interesados no sector turístico, con programas que combinan a teoría coa práctica para coñecer e valorar a oferta cultural, histórica e natural do territorio.

CAL É A SÚA FINALIDADE?

A súa finalidade é formar persoas capaces de comunicar e poñer en valor o patrimonio do noso rural, co obxectivo de ofrecer experiencias de calidade, impulsar o turismo sostible e contribuír á conservación da identidade local.

QUEN PARTICIPA?

Os nosos cursos están dirixidos a un amplo espectro de profesionais e interesados no sector do turismo e a cultura. Isto inclúe:

  • Persoas que traballan en contacto con visitantes, como en albergues ou establecementos hostaleiros.

  • Profesionais interesados en mellorar as súas habilidades de comunicación.

  • Calquera persoa que queira coñecer e transmitir o valor do patrimonio local.

Curso Atención ó cliente: Que me recomendas?

Unha formación dirixida a profesionais que traballan en contacto con visitantes e desexan mellorar a súa capacidade para recomendar e transmitir información sobre a oferta turística e cultural da zona. O programa combina teoría con visitas de campo para coñecer de primeira man lugares emblemáticos como fervenzas, museos, patrimonio histórico e paraxes naturais en distintos municipios da contorna do Ulla, Tambre e Mandeo.

Curso de interpretación do patrimonio

Este curso ten como obxectivo formar persoas capaces de comprender, valorar e comunicar o patrimonio natural, cultural e histórico dun xeito didáctico e atractivo. A través de técnicas de interpretación, o alumnado aprende a conectar co público e a poñer en valor os recursos do territorio. Entre as vantaxes destaca a creación de experiencias enriquecedoras para visitantes, o impulso ao turismo sostible e a conservación activa da identidade local.