O GDR Ulla Tambre Mandeo participa no proxecto Ecocomedores para fomentar a alimentación saudable e o consumo de produto local en colexios e outros comedores colectivos. O proxecto incluiu formación a familias e persoal de comedor, ademais da supervisión de menús por nutricionistas. Con estas accións, o GDR busca concienciar sobre a dieta equilibrada e o valor dos produtos de proximidade nas escolas.
Ecocomedores
RESUMO ACTUACIÓNS ECOCOMEDORES
En centros educativos realizáronse xornadas de sensibilización sobre o consumo dunha dieta sana e balanceada así como a concienciación, de cara ás familias e responsables do comedor do centro, do consumo de produto local e de proximidade; ámbolos dous obxectivos principais do proxecto Ecocomedores.

Entre as actividades realizadas cos colexios seleccionados, están:
– Reunións informativa presenciais do proxecto nos colexios, coas persoas responsables do comedor. Reunións que contaron coa participación do persoal do GDR así como as responsables de Nutricoles. Nestas reunións trasladóuselle ós colexios os obxetivos e accións programadas.
– Supervisión e valoración dos menús dos colexios participantes polo equipo de nutricionistas de Nutricoles.
– Xornada de formación a familias.
– Xornada de formación a persoas colaboradoras do comedor.
– Entrega de propostas de menú semanal a cada un dos colexios do proxecto Ecocomedores así como asesoramente individualizado sobre o mesmo.
– Entrega do material divulgativo do proxecto de cooperación en cada un dos centros.
– Reunións de seguemento do proxecto entre os GDRs participantes.
– Colaboración cos distintos responsables das accións e enlace coas entidades do territorio.
– Xornadas de seguimento e avaliación e visita ás instalacións de Inditex Arteixo (comedor).
DESCARGAS
