Dinamización

O GDR Ulla Tambre Mandeo destina o 10% dos fondos da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027 ó financiamento dos seus propios proxectos no que se refire á promoción territorial e valorización do seu ámbito xeográfico, á formación de cara a empregabilidade da poboación local de forma coherente cos obxectivos estratéxicos a acadar, así como ó traballo en rede e á cooperación entre GDRs, coa posta en marcha de proxectos conxuntos tanto de índole nacional como transnacional. Estas dúas últimas áreas de traballo conforman dúas das sete características diferenciadoras do Leader na súa loita polo desenvolvemento rural sostible.

Sobre nós

Cooperación

Desde o GDR promovemos proxectos de cooperación con outros grupos e entidades a nivel autonómico, nacional e europeo. Estes proxectos permiten compartir experiencias, sumar esforzos e desenvolver solucións innovadoras que melloran o territorio e crean sinerxías duradeiras.

Animación

A animación territorial implica activar á poboación, fomentar a participación cidadá e dar a coñecer os recursos e oportunidades do territorio. Organizamos encontros, campañas informativas e actividades que fortalecen o vínculo entre a comunidade e o seu entorno.

Formación

A formación é un piar estratéxico para o desenvolvemento rural. Dende o GDR ofrecemos accións formativas adaptadas ás necesidades locais: emprendemento, innovación, xestión territorial ou agroecoloxía, entre outras, co obxectivo de capacitar ás persoas e mellorar a competitividade do territorio.

Recursos

Poñemos ao dispor da cidadanía unha serie de recursos útiles para o desenvolvemento de iniciativas no territorio: guías, estudos, ferramentas de planificación e documentación técnica. Estes materiais buscan apoiar o emprendemento, a xestión local e a posta en valor do patrimonio.