Flora e Fauna
LIÑAS DE ACTUACIÓN:
GUÍA DA FLORA E FAUNA
Puzzle flora e fauna
Deseñouse e elaborouse un conxunto de material divulgativo. Imprimíronse máis de 1.600 puzzles educativos sobre a fauna e a flora local para repartir en centros escolares e culturais. Ademais, graváronse DVDs coa guía dixital para a súa distribución e instaláronse nove paneis informativos, un en cada concello, para poñer en valor a riqueza natural das nosas comarcas. Con estas accións, o GDR introduce a educación ambiental de forma lúdica e accesible para todos os públicos.
PANEIS INFORMATIVOS
O GDR Ulla Tambre Mandeo deseñou paneis divulgativos sobre a flora e a fauna locais que están colocados en áreas naturais dos nove concellos do GDR.
Rutas ambientais
O GDR Ulla, Tambre, Mandeo aposta por un desenvolvemento sostible coas rutas de turismo ambiental que teñen como obxectivo a observación de flora e fauna nos nove concellos do GDR. Realizáronse rutas para a observación das serpentinitas e a flora endémica da zona, cuxa aparición é posible grazas á existencia destas pedras. Tamén se visitou o Río Furelos co obxectivo de estudar os macroinvertebrados que viven nas súas augas, e fixéronse outras rutas pola carballeira da Casa do Gado en Sobrado, a ruta botánica do Río Mera en O Pino entre outras.
Maratón ornitolóxico
As xornadas de achegamento á ornitoloxía e o Maratón Ornitolóxico no territorio do GDR Ulla Tambre Mandeo son un éxito rotundo. Participantes de todas as idades descubren a variedade des aves da zona a través de charlas e saídas ao campo, gozando dunha experiencia única en plena natureza.
Descargas











