Promoción LEADER
LIÑAS DE ACTUACIÓN:
Vídeo promocional Leader cos nenos
Aquí vos deixamos algunhas imaxes da preparación do vídeo promocional, onde os máis pequenos foron os verdadeiros protagonistas.
Libro dos Bolechas
Para promover o territorio entre os máis pequenos, o GDR Ulla Tambre Mandeo deseñou e repartiu un libro dos Bolechas. Esta iniciativa, concibida como un conto que ten como protagonistas os concellos nos que viven os nenos, serve para que se familiaricen co seu lugar de nacemento e vivencia. É un agasallo que perdurará no tempo e que axuda a construír o futuro dos nosos nove concellos.
Participación en Feiras
O GDR Ulla Tambre Mandeo impulsa unprograma de difusión turística e participación en feiras, para promover o patrimonio do territorio. As accións céntranse na presencia en feiras importantes como Magreco en Boimorto, Turexpo en Silleda e a Festa do Galo Piñeiro en O Pino. Nestes eventos, ademais de difundir a súa oferta turística, o GDR promove outras manifestacións gastronómicas e culturais como a actuación da Banda de Música de Visantoña.
Con esta iniciativa, o equipo técnico e os membros da Xunta Directiva traballaron na difusión da riqueza cultural, etnográfica e natural dos concellos, ofrecendo información aos visitantes e potenciando o valor turístico do Ulla Tambre Mandeo.
Feria Magreco (Boimorto)
Turexpo (Silleda)
XX Festa do Galo Piñeiro
Estudo socioeconómico
O estudo socioeconómico do territorio do Ulla Tambre Mandeo é unha publicación de consulta obrigada para coñecer a realidade local: o seu capital endóxeno, as súas potencialidades e tamén os puntos débiles e ameazas externas ao desenvolvemento rural sostible. O punto de partida para o deseño dunha estratexia real e comprometida co futuro dos nosos nove concellos.
Encontro LEADER
O Encontro LEADER anual é unha iniciativa pioneira organizada anualmente polo GDR Ulla Tambre Mandeo. O seu obxectivo principal é reunir ós promotores e beneficiarios das axudas Leader e establecer un debate e crear sinerxías entre eles. Ademais, no ano 2018 o encontro contou coa colaboración da Xunta de Galicia, e aproveitouse para reunir a representantes dos distintos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), que compartiron experiencias e crearon redes de colaboración. Ademais das charlas e talleres, o evento serve para reforzar a filosofía do programa LEADER de que a propia xente do rural sexa a que decida onde investir os fondos europeos.









