Promoción Turística
LIÑAS DE ACTUACIÓN:
Rutas cicloturistas
O cicloturismo no Ulla Tambre Mandeo é unha experiencia única e sostible. Mediante a organización de rutas, o GDR promove un tipo de turismo respectuoso co medio ambiente e dá a coñecer o territorio como un destino de referencia para os ciclistas. Estas rutas non só ofrecen unha forma activa de explorar a paisaxe e o patrimonio, senón que tamén serven para divulgar a labor do GDR como embaixador do destino, convertendo cada pedalada nunha descuberta do que esta rica comarca ten para ofrecer.
Fam trip blogueiros e ciclistas
Organización de fam-trips destinados a blogueiros, influencers e outros creadores de contido e prescriptores de imaxe co obxectivo de posicionar como destino turístico de calidade o Ulla Tambre Mandeo nas súas respectivas bitácoras e perfís sociais. Na actualidade, multitude de persoas utilizan como principal fonte de información de cara á organización das súas viaxes e vacacións este tipo de información buscando as experiencias vitais que alí se recollen.
Camiños de Auga en redes
Creación da marca turística do Ulla Tambre Mandeo nas redes sociais, Camiños de Auga, a partir da cal se desenvolveron as distintas campañas promocionais online co obxectivo de dar a coñecer a riqueza patrimonial, tanto cultural como natural, da zona a visitantes, turistas e persoas en peregrinación.
Exposición itinerante exterior turística
Incursión comercial en Portugal
Deseño e posta en marcha dun espazo físico de divulgación turística do Ulla Tambre Mandeo en Portugal, concretamente en Oporto, para a captación de visitantes e turistas do país veciño. Ademais da presenza do stand, a celebración de sorteos e o reparto de material divulgativo, a promoción reforzouse coa posta en marcha dos perfís sociais online de Camiños de Auga en portugués.
Foros e Xornadas
Organización, entre outros, da Xornada sobre o potencial do Ulla Tambre Mandeo como destino cicloturista, onde foron convidadas como poñentes as principais empresas do sector a nivel galego e nacional, ou o Foro Virtual Turístico, coa inclusión dun espazo de networking e contratación entre as empresas turísticas locais e as principais axencias de viaxe que operan en Galicia como receptoras de viaxeiros.
Guía Gran Ruta Cicloturista do Ulla
Estudio e realización da Guía Técnica da Gran Ruta Cicloturista do Ulla, a partir do cal se busca facilitar a súa execución polo concellos polos que transcorre. Trátase dun dos proxectos recollidos como prioritarios na Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027, o cal implicaría contar no territorio cunha ruta cicloturista de gran percorrido que nos sitúe na esfera dos destinos cicloturísticos europeos.


























