Xílgaro
O GDR Deloa (como coordinador), xunto coa Fundación Paideia, o GDR Ribeira Sacra e o noso GDR Ulla Tambre Mandeo, estamos a desenvolver o proxecto de cooperación Xílgaro, unha iniciativa para conectar xeracións a través da cultura, a tradición oral e a creación artística dende as aulas.

Xilgaro

QUE É?

O proxecto de cooperación Xílgaro é unha iniciativa impulsada para fortalecer a cohesión social a través da transmisión interxeracional de saberes, promovendo o diálogo entre a infancia, as persoas maiores e os artistas emerxentes no medio rural.

CAL É A SÚA FINALIDADE?

O seu obxectivo principal é favorecer a profesionalización artística e a xeración de novas oportunidades económicas ligadas á cultura. Busca mellorar a identidade profesional, a visibilidade e a inserción laboral de creadores emerxentes de música tradicional galega mediante obradoiros nos colexios (CEIP de Arzúa e CPI Camiño de Santiago do Pino con Unto Vello e Leirabuxo) e actuacións en contextos reais de traballo como o Festival de la Luz.

QUEN PARTICIPA?

O GDR coordinador é o GDR Deloa, e como socios do proxecto participan a Fundación Paideia, o GDR Ribeira Sacra e o noso GDR Ulla Tambre Mandeo.

Sentir a tradición: do colexio ao Festival de la Luz