Curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque

Cursos de usos alternativos do monte

QUE É?

Esta é unha oferta formativa especializada na xestión e aproveitamento sostible dos recursos do monte, co obxectivo de poñer en valor produtos de calidade e xerar novas oportunidades de negocio no rural.

CAL É A SÚA FINALIDADE?

A súa finalidade é potenciar a diversificación e a mellora da rendibilidade das actividades no monte, a través da xestión de recursos como a castaña, as plantas aromáticas e o cultivo de especies de gran valor.

QUEN PARTICIPA?

Os nosos cursos están dirixidos a todas aquelas persoas que queiran adquirir novas competencias para poñer en valor os recursos do monte. Isto inclúe a gandeiros, produtores rurais e propietarios de soutos e montes, así como a emprendedores que desexen diversificar a súa actividade e, en xeral, a calquera persoa interesada na xestión sostible do rural.

Curso de aproveitamento de soutos

Nesta formación poñemos en valor a castaña como produto de calidade, aproveitando o potencial dos soutos. As persoas participantes aprenden técnicas de cultivo dos castiñeiros. O curso fomenta o desenvolvemento rural sostible, a recuperación dos soutos e a creación de iniciativas agroalimentarias baseadas nun recurso natural e tradicional de gran valor.

Curso elaboración de queso
Curso de aproveitamento de soutos
Curso elaboración de queso
Curso elaboración de queso

Curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque

O curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque ten como obxectivo promover o coñecemento práctico sobre a produción sostible destas especies, aproveitando os recursos naturais e o potencial do medio rural. As persoas participantes aprenden técnicas de cultivo, coidado, recolección. Como resultado, adquiren habilidades para diversificar a actividade agraria, poñer en valor produtos con alta demanda e impulsar pequenos proxectos de emprendemento local.

Curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque
Curso de cultivo de plantas aromáticas e froitos do bosque

Curso de usos alternativos do monte en Rede Natura

Este curso ofrece unha formación completa arredor do aproveitamento sostible dos recursos naturais do monte, con sesións prácticas e teóricas. Abrangue temas como a apicultura, a produción e recolección de cogomelos e froitos silvestres, a comercialización en espazos protexidos (Rede Natura 2000), e alternativas de xestión en montes veciñais en man común.

Curso elaboración de queso
Curso apicultura
Curso apicultura
Curso gdr rede natura
Curso rede natura Melide
Curso rede natura Melide

Curso de cultivo de té e nogueira

Este curso ofrece unha formación práctica e innovadora sobre o cultivo de camelia sinensis para producir té e de nogueiras. Dúas producións con gran potencial no rural galego. As persoas participantes aprenden técnicas de plantación, manexo e recolección, así como aspectos clave sobre adaptación o clima e coidado do solo. O obxectivo é diversificar os cultivos, fomentar a sustentabilidade e abrir novas oportunidades de mercado para produtores locais. 

Curso de cultivo de té e nogueiras
Curso de cultivo de té e nogueiras