O noso persoal

Tes algunha idea que poida contribuír ao desenvolvemento da túa comunidade? Ou simplemente queres falar sobre desenvolvemento rural? Ponte en contacto connosco!

O noso equipo GDR

Ponte en contacto connosco!

No GDR Ulla Tambre Mandeo, a nosa forza reside nas dúas profesionais que integran o noso equipo. Son mulleres comprometidas e con coñecemento profundo do territorio, dedicadas a impulsar o desenvolvemento sostible nos nosos nove concellos. Elas son o motor detrás da xestión do Programa Leader, asesorando e facendo realidade os proxectos «de abaixo cara arriba». Conoce os seus perfís e currículos, testemuña da profesionalidade coa que traballamos día a día polo noso rural.

oficina LEADER

MARÍA FERNÁNDEZ

Xerente

María Fernández Varela e economista especializada en desenvolvemento rural, con máis de 15 anos de experiencia na xestión de proxectos, avaliación económica e coordinación de programas Leader. Destacou polo seu compromiso coa innovación e a sustentabilidade no ámbito local, premiada pola posta en valor de iniciativas creativas e eco-innovadoras. Ampla formación académica e é autora de publicacións sobre eco-innovación e gobernanza territorial.

DALIA GARCÍA

Técnica de proxectos

Dalia García Couso é licenciada en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e conta cunha sólida traxectoria no ámbito da xestión pública e institucional. Desenvolveu responsabilidades de goberno como alcaldesa de Melide e compaxinou a súa labor política con tarefas docentes na propia universidade. O seu perfil complétase cunha activa participación na dinamización local, o impulso ás políticas públicas e a administración territorial.

Xa non están no taboleiro, pero deixaron pegada

MARÍA MELLID

Técnica de proxectos

María Mellid López é licenciada en Administración e Dirección de Empresas e conta cun máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Ten unha ampla traxectoria como técnica de proxectos no ámbito rural, colaborando na análise económica de iniciativas locais, na elaboración de estudos estratéxicos e na organización de actividades formativas. Complementa o seu perfil cunha sólida formación en administración pública, emprendemento e desenvolvemento territorial.

O noso personal