O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza nos fins de semana do 13 e 27 de setembro o I Desafío Gravel Ulla Tambre, coa celebración de dúas rutas cicloturistas en cada un deles: unha Jraveliña para os recén iniciados na bicicleta e un Jravelón, para os que xa controlan de pedaleo.
Para controlar que todo estea en perfectas condicións, así como para contarvos de primeira man a espectacularidade das rutas que o GDR ten preparadas, temos dous embaixadores de excepción, por unha banda, Breogán Calviño, entrenador de MB e apaixonado Youtuber da bicicleta e, pola outra, David Amor, actor, monologuista e gran aficionado ó deporte.
Neste momento ambos os dous están a percorrer as nosas Jraveliñas e Jravelóns, non perdades detalle das súas redes sociais para coñecer de primeira man o que vos agarda o 13 de setembro en Boimorto, Arzúa e Vilasantar e o 27 de setembro en Toques, Melide e Sobrado. Aquí vos deixamos o seu vídeo do percorrido para ir abrindo boca:
@breogan_calvinho (https://www.instagram.com/breogan_calvinho/)
@davidamor (David Amor (@davidamor) • Fotos y videos de Instagram)
Se queres facer coma eles a aproveitar para descubrir estas incribles rutas sobre dúas rodas, acompáñanos e inscríbete de forma gratuíta no seguinte enlace:
I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo. Inscripciones e info — Sportmaniacs.
Anímate a vivilo e que non cho conten!
Ver esta publicación en Instagram







































