Este sábado 13 de setembro, o GDR reuniu a máis de 250 persoas en Boimorto, para o primeiro desafío gravel Ulla Tambre Mandeo.
A nosa presidenta, Chus Novo, foi a encargada de abrir o desafío, participando coa súa familia e completando con éxito a ruta, xunto co resto dos participantes, nun día perfecto, no que o tempo acompañou.
Na chegada esperaba o petisco de Queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, o produto agroalimentario estrela do noso territorio.
Dende o GDR queremos darvos as gracias, tanto aos participantes, como a empresa organizadora e a tódolos voluntarios e voluntarias que colaboráchedes na proba para que fose un éxito, para que se desenvolvese con seguridade, e sobre todo para que gozáramos dun ambiente estupendo. Con xente coma vos da gusto organizar eventos!
Os participantes, á chegada, destacaron a beleza da paisaxe, que combina bosque, ríos, explotacións leiteiras, plantacións de pasto e forraxe, con elementos tradicionais da arquitectura civil e relixiosa, pazos, hórreos, igrexas románicas, pontes…
Solo nos queda recordarvos que o día 27 se celebra a segunda xornada deste I Desafío Gravel Ulla Tambre en Toques. Esperámosvos!
Búscate nas fotos!



































