Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o sábado 19 de outubro a partir das 10:30 horas e con 20km de ruta, pola tarde será o turno de Vilasantar, con 18 km que terán que percorrer os participantes a partir das 16:30 horas. Xa para domingo será o turno de Melide, 20km a partir das 10:30 horas. Toda info a encontraredes en: https://www.gdrullatambremandeo.gal/index.php/news/289-caminos-de-auga-sobre-rodas e as inscricions son totalmente de BALDE EN: https://www.deporticket.com/web-evento/10498-camios-de-auga-sobre-rodas
O GDR Ulla Tambre Mandeo participa no I Encontro de comunidades enerxéticas de Galicia
O GDR Ulla Tambre Mandeo participou en Moeche no I Encontro de Comunidades Enerxéticas de Galicia, unha iniciativa desenvolvida no marco do proxecto de cooperación Redenerxía, no que traballamos conxuntamente cos GDR Seitura 22, Terra Chá e Terras de Miranda. O...


































