Dona Chus Novo, alcaldesa de Boimorto e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo estivo xunto con outros membros da xunta directiva e co equipo técnico, presentando na igrexa románica de Sendelle en Boimorto, o I Desafío Gravel Ulla Tambre.
Están pensadas para adaptarse a diferentes niveis de experiencia: Jravelón, orientado a afeccionados da bicicleta, tanto gravel como BTT, e Jraveliña, unha ruta cicloturista guiada máis curta, para persoas non habituadas a andar na bici, pero que queren probar esta forma de facer turismo e coñecer o entorno natural da nosa zona.
As rutas do 13 de setembro sairán de Boimorto e percorrerán tamén os concellos de Vilasantar e Arzúa, a ruta curta (Jraveliña) conta cun percorrido de 31,48 kms e un desnivel de 452 metros, mentres que a ruta longa (Jravelón), dirixida a cicloturistas habituais que buscan un reto maior, acada os 60,22 kms cun desnivel de 1306 metros. Entre outros, transcorren por lugares tan emblemáticos como a carballeira da Mota ou a igrexa románica de Sendelle.

O Desafío Gravel continua coas rutas do día 27 de setembro, as cales saen de Toques e percorren tamén o concello de Sobrado dos Monxes e Melide. Neste caso, a Jraveliña abrangue un total de 34,3 kms con 869 metros de desnivel, mentres que o Jravelón chega ata os 50,83 kms de percorrido e un esixente desnivel de 1380 metros. En ambas, o trazado discorre por elementos patrimoniais tan espectaculares como a Fervenza de Brañas, a capela das Pías ou o Coto do Pilar, punto máis elevado da provincia de A Coruña.
Na presentación, a presidenta do GDR destacou o esforzo que, tanto o GDR como os concellos que o compoñen están facendo, remando xuntos por este tipo de turismo saudable, e complementario ó Camiño de Santiago. “Un turismo que permite coñecer esta zona tan fermosa en bicicleta é un verdadeiro luxo” resalta.
Se non queres perder detalle sobre as rutas e os percorridos segue as nosas redes sociais Camiños de Auga tanto en Facebook (https://facebook.com/caminosdeauga) e Instagram (@caminos_de_auga)
As inscricións nas rutas son graturítas e están xa abertas no sitio web I Desafío Jravel/MTB Ulla Tambre Mandeo. Inscripciones e info — Sportmaniacs.
Inscríbete e acompáñanos!







































