Esta fin de semana temos unha cita deportiva en Toques, Vilasantar e Melide. O GDR ULLA, TAMBRE MANDEO organiza os camiños de auga sobre Rodas, unhas rutas en BTT para descubrir a contorna dos diferentes concellos que conforman o GDR. Toques será punto de partida o sábado 19 de outubro a partir das 10:30 horas e con 20km de ruta, pola tarde será o turno de Vilasantar, con 18 km que terán que percorrer os participantes a partir das 16:30 horas. Xa para domingo será o turno de Melide, 20km a partir das 10:30 horas. Toda info a encontraredes en: https://www.gdrullatambremandeo.gal/index.php/news/289-caminos-de-auga-sobre-rodas e as inscricions son totalmente de BALDE EN: https://www.deporticket.com/web-evento/10498-camios-de-auga-sobre-rodas
Proceso de selección de persoal
Tal e como se establece nas bases de selección de persoal técnico para o GDR, os aspirantes que pola puntuación obtida teñan superada a fase anterior, pasarán a realizar unha entrevista persoal, que durará aproximadamente 20 minutos por persoa candidata, que versará...



































