Tal como recollen as bases «As persoas admitidas realizarán unha proba escrita que versará sobre as materias recollidas no anexo IV destas bases. Esta proba valorarase cun máximo de 50 puntos. A proba constará de dúas partes.
– Unha primeira parte consistente en 38 preguntas tipo test, que puntuarán ata un máximo de 38 puntos, con 4 posibles respostas das cales só unha é a correcta. Cada resposta correcta sumará 1 punto, cada resposta incorrecta restará 0.25 puntos e as respostas en branco non puntúan. Haberá dúas preguntas de reserva.
– Unha segunda parte consistente nunha pregunta aberta de redacción sobre unha cuestión do temario, que puntuará ata un máximo de 12 puntos. Esta proba terá carácter eliminatorio.
Será necesario aprobar as dúas partes para superar a proba, obtendo un mínimo de 19 puntos na primeira parte da proba (test) e un mínimo de 6 puntos nas segunda parte (pregunta aberta). A Comisión de Selección resérvase o dereito a rebaixar a nota mínima esixida, tras a realización da proba, da primeira parte tipo test, no caso de que non acaden o aprobado un mínimo de dúas candidatas.»
En base a isto, o tribunal de selección de personal, acorda establecer as seguintes especificacións en canto á realización da proba por parte das persoas aspirantes:
- Tal como xa está publicado, a proba escrita terá lugar o día 25 de febreiro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 16:30 horas, na sede do GDR Ulla Tambre Mandeo, sita en Rúa Vilanova, 1 15817 Boimorto (A Coruña).
- A proba escrita terá una duración máxima de 160 minutos.
- A proba escrita estará redactada en galego. As persoas aspirantes poderán redactar a resposta á pregunta aberta en galego ou castelán, segundo a súa preferencia.
- Con respecto ás partes da proba escrita:
- O test obxecto da primeira parte contestarase directamente no enunciado do exame redondeando cun círculo a opción da resposta escollida. No caso de querer corrixila, tacharase cun X a opción incorrecta e marcarase a nova opción. Non se admitirán enmendas que non queden perfectamente claras. As respostas dubidosas ou con máis dunha opción marcada, consideraranse incorrectas.
- A pregunta aberta de redacción sobre unha cuestión do temario terá unha extensión máxima de dúas caras (unha folla).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Non se poden levar móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.






































