
O GDR Ulla Tambre Mandeo clausurou este sábado en Toques o I Desafío Gravel, que contou con máis de 350 participantes nesta primeira edición.
O GDR contou no evento coa colaboración do Consello Regulador D.O.P. Arzúa-Ulloa, e coa furgoneta de Galicia Sabe AMar da Xunta de Galicia. Contou tamén co apio do Concello de Toques, representado no evento polo alcalde, don José Angel Penas.
Don José Ángel Penas destacou a importancia de promocionar o deporte, e de organizar eventos coma este que atraen un gran número de visitantes a un pobo como Toques, cun importante patrimonio histórico e natural e animou a todo o mundo a visitar a fervenza das Brañas, o dolmen do Forno dos Mouros e San Antolín, unha vez duchados e apeados da bicicleta.
A organización valora positivamente o desenvolvemento deste primeiro desafío, e confía en organizar unha segunda edición dentro dos nove concellos que conforman o GDR (Arzúa, Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado, Toques, Touro e Vilasantar).
O GDR abre agora un período de traballo burocrático para a preparar a próxima convocatoria de axudas Leader, que previsiblemente se poderán solicitar en xaneiro, e que están destinadas principalmente a emprendedores e emprendedoras rurais dos nove concellos.
.
No seguinte enlace pódense descargar algunhas fotos do evento.







































