Publícase o listado provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de contratación de persoal para UN POSTO DE TÉCNICO/A do GDR Ulla Tambre Mandeo.

Tal e como se especifica nas bases da convocatoria do proceso:
«Esgotado o prazo de admisión das solicitudes, procederase á comprobación da documentación presentada e á elaboración e publicación dun listado provisional de aspirantes admitidos e a relación das persoas excluídas e a causa da exclusión.
Comunicarase a todos os aspirantes a través de correo electrónico, á dirección designada por cada aspirante na solicitude, a publicación de dita lista así como o prazo para emenda no caso de exclusión.
No caso de que o motivo da súa exclusión fora emendable, os aspirantes excluídos poderán presentar a documentación para a emenda da solicitude, na sede do GDR Ulla Tambre Mandeo, no prazo de 3 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, de luns a venres en horario 10:00 a 14:00 horas.
Transcorrido dito prazo procederase á confección e publicación do listado definitivo»
Polo tanto, o prazo para a emenda da solicitude remata o vindeiro mércores, 19 de novembro de 2025, ás 14.00 horas.







































