Tal e como recollen as bases para a selección de persoal, «Recibidas e contestadas as alegacións, procederase á publicación definitiva das cualificacións
obtidas polos candidatos. Na mesma publicación se especificará a data de inicio da fase de entrevista, e o calendario e orde de convocatoria dos aspirantes que superaron a fase da proba escrita.»
Tras rematar o prazo para recibir alegacións, sen ter recibido ningunha, procédese á publicación definitiva das cualificacións da proba escrita:
Dalia García Couso Tipo test: 28,75 puntos Pregunta: 6,25 puntos Nota final: 35 puntos Resultado: Apta
Polo tanto, o tribunal do proceso de selección procede a convocar a Dalia García Couso á fase de entrevista o xoves 5 de marzo ás 16:30 horas na sede do GDR.





































